O catálogo mundial da oliveira incorpora dúas variedades autóctonas de Galicia

Publicidade
O catálogo mundial da oliveira incorpora dúas variedades autóctonas de Galicia

Oliveira de Brava Galega. Foto: José Galán

A empresa ourensá Aceites Jose Galan, SL cedeu este mes de decembro varias oliveiras da variedade Brava Galega e outra aínda sen nome ao Catálogo de Variedades de Oliveira/World Olive Germplasm Bank of Cordoba (WBC).

Desta forma, esta colección composta por 900 variedades de oliveiras de todo o mundo pasa a contar con 902 variedades. As dúas variedades autóctonas de Galicia foron identificadas pola Universidade de Córdoba – Banco Mundial de Xermoplasma da Oliveira a través do seu ADN e descubriuse que son únicas no mundo.

Na devandita plantación situada en Córdoba, pódense atopar exemplares de España, Italia, Grecia, Turquía, Líbano, Australia e do resto do mundo onde hai oliveiras. Desde este mércores xa están tamén presentes para a súa custodia e investigación estas dúas variedades galegas.

Desde 2012, a empresa Aceites Jose Galan, SL está a levar a cabo un proxecto de recuperación e multiplicación das variedades de oliveiras autóctonas de Galicia e continúa coa súa procura e identificación das mesmas. Con iso pretende manter a salvo da súa desaparición estas oliveiras centenarias traídas a Galicia polos romanos e poñer a disposición do mercado da olivicultura galega, variedades adaptadas ao clima e terreo da comunidade. A empresa comprometeuse a seguir achegando á colección mundial máis variedades galegas que se vaian descubrindo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información