Medio Rural agarda a ampliación da IXP Pataca de Galicia para o 2017

A Comisión Europea debe decidir sobre a petición galega para aumentar o ámbito da Indicación a toda a comunidade e para acoller tamén ás variedades Agria e Fina de Carballo

Publicidade
Medio Rural agarda a ampliación da IXP Pataca de Galicia para o 2017

A incorporación de dúas novas variedades espérase que impulse a IXP.

A ampliación da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia a toda a comunidade atravesa os seus últimos trámites burocráticos. A Consellería do Medio Rural pronostica que a Comisión Europea resolverá ó longo do 2017 sobre os cambios que se lle solicitaron desde Galicia. Máis complicado vai ser que esa autorización estea lista para a campaña de sementeira, na primavera, pero podería ser posible.

Os cambios na IXP céntranse na modificación do ámbito xeográfico, que das catro subzonas actuais (Limia, Lemos, Vilalba e Bergantiños) pasaría a toda a comunidade; e nun aumento das variedades amparadas. Ata o de agora, só estaba autorizada a Kennebec, pero pasarían a permitirse tamén a Agria, moi cultivada na Limia e con boa aptidude para cocer e para a fritura, e a Fina de Carballo.

A introdución da Agria na IXP daríalle un impulso á Pataca de Galicia, pois desde Medio Rural interprétase que esta variedade é moi atractiva para os produtores, non só polos seus bos rendementos senón por ser resistente ós ataques do nematodo dourado da pataca, un problema que se está a detectar na Limia. Doutro lado, abre tamén as portas a que industrias elaboradoras comecen a traballar no marco da IXP Pataca de Galicia, pois a Agria compórtase ben en fritura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información