A IXP Pataca de Galicia prevé medrar este ano un 10%

Publicidade
A IXP Pataca de Galicia prevé medrar este ano un 10%

A conselleira durante a visita á sede da IXP Pataca de Galicia en Xinzo da Limia.

A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia prevé incrementar este ano a pataca amparada un 10% con respecto ao ano pasado, ata situarse entre os 8,5 e 9 millóns de quilos.

Así o adiantou a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, que realizou este venres unha visita ao concello ourensán de Xinzo de Limia para comprobar a marcha da colleita deste tubérculo.

A conselleira salientou que tanto a cantidade como a calidade da colleita destas ano. “Hai que destacar o excelente estado no aspecto fitosanitario, xa que non houbo pragas nin enfermidades”, sinalou a conselleira na sede da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia. Sen embargo, e ao igual que pasa no resto do Estado, os prezos para o agricultor son claramente inferiores aos do ano pasado, debido ao aumento da oferta pola boa colleita.

Ángeles Vázquez puido comprobar o avance da recollida que este ano se adiantou varias semanas respecto á campaña anterior. Xa vai recollida en torno ao 30% da pataca na comarca e ata o 70% daquela pertencente á IXP, fundamentalmente da variedade Kennebec. Está previsto que os traballos rematen entre a próxima semana e principios de outubro, segundo trasladaron os portavoces do consello regulador.

“Na Limia recolléronse arredor do 30% das patacas”

Respecto á produción, espérase recoller arredor de 125 millóns de quilos de pataca na zona, das que 8,5 ou 9 millóns están amparadas pola IXP. Polo tanto, uns valores superiores nun 10% en relación co ano pasado, segundo cálculos do Consello Regulador.

Durante a súa estancia no municipio, a conselleira coñeceu tamén varias industrias relacionadas con esta produción: dunha banda, a planta de envasado e distribución Patatas Conde na finca Devesa e tamén a empresa Patatas Guays no lugar de Piñeira Seca, e que elabora patacas fritidas. A conselleira felicitou a ambas compañías pola súa aposta pola elaboración e transformación, que contribúen a revalorizar un produto xa de por si recoñecido polos consumidores de dentro e fóra de Galicia.

Laboratorio único en España

Neste sentido, a conselleira apelou á importancia de seguir loitando por promocionar este produto e destacou o traballo que está a levar a cabo o seu consello regulador, non só para a súa comercialización, senón tamén á hora de manter os máximos niveis de calidade do produto a través de controis e para aglutinar ao sector. Nesta liña, Ángeles Vázquez coñeceu tamén o laboratorio da IXP, o único do seu tipo acreditado en España e onde se realizan todo tipo de probas e controis para garantir a excelencia na produción.

A titular de Medio Rural aproveitou tamén a súa presenza na Limia para coñecer a produtores. Así visitou as plantacións dun particular con ata 14 hectáreas de pataca en pleno proceso de recollida e puido comprobar de primeira man o bo estado da produción deste ano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información