Informe sobre a agricultura ecolóxica en España: primeiro país da UE e cuarto do mundo en hectáreas

Publicidade
Informe sobre a agricultura ecolóxica en España: primeiro país da UE e cuarto do mundo en hectáreas

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou as estatísticas da produción ecolóxica en España de 2018, cuxos datos confirman a tendencia de crecemento sostido e a consolidación do sector da produción ecolóxica en España.

Cunha superficie dedicada á produción ecolóxica de 2.246.000 hectáreas en 2018, un 7,9 % máis fronte a 2017, España é o primeiro país da Unión Europea en superficie eco e o cuarto do mundo.

A superficie da agricultura ecolóxica en España xa supón o 9,7%

A metade da superficie ecolóxica destínase a pastos permanentes (+9%), unha cuarta parte a cultivos de terras arables (+4 %) e a outra cuarta parte a cultivos permanentes (+8 %). En relación á Superficie Agraria Útil (SAU) de España, a ecolóxica xa supón o 9,7 %. As estatísticas sinalan unha tendencia de crecemento anual medio da superficie total en ecolóxico do 7 % nos últimos 5 anos.

No que se refire aos operadores, o seu número total medra un 5,6 % até os 46.463 e destaca a evolución positiva en todas as categorías: produtores primarios (4,7 %), establecementos industriais (13,7 %), importadores (21 %), e comercializadores (22 %). Estes datos poñen de relevo o incremento do número de operadores nas fases posteriores da cadea alimentaria, polo incremento da demanda.

A tendencia do crecemento medio anual nos últimos 5 anos foi de 5,9 % en produtores agrarios, 18 % en industrias e 24 % en comercializadores de produtos ecolóxicos.

En produción vexetal destaca o incremento de hectáreas dedicadas a tubérculos e legumes; froiteiras, bananeiras, cítricos e baias, así como o repunte experimentado en viñedo (+6 %) e en oliveiral (+3 %).

En canto a produción animal, sobe o número de explotacións gandeiras eco, que chega ás 7.923 (+2 % respecto ano anterior), en especial de leite de bovino e ovino e en aves de curral de posta e de carne. O número de cabezas de gando tamén avanza especialmente en porcino, ovino, caprino e bovino de leite e en galiñas de posta e apicultura. A acuicultura é outro subsector con forte crecemento en 2018, cun 40 % máis en produción, até unhas 6.330 toneladas.

Os establecementos industriais eco alcanzaron en 2018 os 8.886, o 13,7 % máis. As actividades relacionadas coa produción vexetal chegaron ás 7.670 (máis de mil novas respecto 2017), sendo as máis numerosas as de manipulación e conservación de froitas e hortalizas e as de elaboración de bebidas. Os establecementos relacionados coa produción animal situáronse en 1.216 e, neste caso, resalta o avance da industria cárnica e láctea.

Todos estes datos desagregados por comunidades autónomas e por provincias están xa dispoñibles na páxina web do Ministerio na seguinte ligazón: https://www.mapa.gob.es/es/alimentacion/temas/produccion-ecologica/estadisticaspe2018_tcm30-513741.pdf

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información