Galicia acolle a XVIII Feira Estatal da Biodiversidade Agrícola

Publicidade

Os próximos 9 e 10 de setembro a localidade pontevedresa de Tomiño acolle a XVIII Feira Estatal da Biodiversidade Agrícola.

O encontro está organizado pola Rede Galega de Sementes e pola Rede de Sementes “Resembrando e Intercambiando” e celebrarase no local social e na fortaleza de Goián.

Programa:

Sábado, 09 de setembro: Xornada técnica pública

-11h00-13h00. Mesa redonda sobre fruticultura e variedades locais. Experiencias locais de viveirismo e prospección a cargo de:
Ramiro Javier Martínez, Viveiro O Pomariño e Asociación Galega Froita Autóctona (Coruña).
Miguel Silva, Nucleo AgroEcologico do Campo do Geres (Portugal).
Efrén Martín, Arbole Viveiros de froiteiros de variedades antigas e castiñeiros (Estremadura).

-13h00-13h30. Degustación de froitas de variedades locais de cultivo. Por Nucleo AgroEcologico do Campo do Geres.

-14h00. Comida popular en Espazo Fortaleza. Por Rede Galega de Sementes.

-17h00-18h00. Entrega do Premio Juanma González ao fomento da Biodiversidade Cultivada a D. José Esquinas Alcázar, experto internacional prestixio sobre Recursos Fitoxenéticos para a Alimentación e a Agricultura.

-18h00-19h00. Experiencia de produción e mellora de variedades locais e antigas: a Fundación Galicia Verde. Por Enrique Banet, Fundación Galicia Verde.

-19h00-20h00. Historia, tradición e salvagarda das variedades locais de millo en Galicia. Por Pedro Revilla Temiño, investigador da Mision Biolóxica de Galicia.

-20h00-21h00. Presentación do libro “Bienaventurada la maleza porque ella te salvará la cabeza”. Usos de 113 plantas silvestres dos campos norteños. Por Cesar Lema.

-23h30. Queimada pola biodiversidade cultivada.

Domingo, 10 de setembro: Feira estatal da biodiversidade agrícola

-10h00-14h00. Feira Estatal da Biodiversidade Agrícola, cunha mostras de sementes e variedades locais de diferentes lugares do Estado español (Montaxe postos de 8h30 a 10h00).

-10h00-11h00. Paseo para a identificación de plantas silvestres e coñecer os seus usos. Por Cesar Lema.

-11h00-12h00. Taller infantil sobre biodiversidade cultivada. Por Rede Galega de Sementes.

-12h00-13h00. Taller extracción de sementes. Por Rede Galega de Sementes.

-14h00. Comida popular. Por Rede Galega de Sementes.

-15:00 Declaración final XVI Feira Estatal da Biodiversidade Agrícola.

Contacto e máis información:

Rede Galega de Sementes
Correo-e: edgarmartinezsierra@hotmail.es
Tel: 675018407 (Edgar) e 675014768 (Su)

FEIRA_SLG_ECO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información