Estrella Galicia, elaboradora da recoñecida sidra Maeloc, busca produtores de mazá sidreira en Galicia que queiran participar no seu proxecto e venderlles o seu produto. Así llo trasladou este luns o xestor de proxectos I+D+i de Estrella Galicia, José Luis Olmedo, á directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo.
Neste sentido, a directora xeral trasladoulle a súa intención colaborar na campaña de captación de produtores de mazá sidreira para o proxecto Maeloc, mediante a colocación dun cartel informativo en cada unha das 70 oficinas agrarias comarcais de Galicia.
“Non hai cantidade mínima: calquera persoa que teña mazá de sidra cultivada en Galicia pode poñerse en contacto con nós para que lla compremos”, asegura José Luis Olmedo.
A empresa galega, que o ano pasado transformou máis de 2,5 millóns de quilos de mazás, comercializa 8 tipos de sidras diferentes con variedades autóctonas e asturianas, das cales 3 son ecolóxicas. Para iso, teñen asinado un convenio cos agricultores de cinco zonas de Galicia (Chantada, Escairón, A Estrada, Ortigueira e Guísamo) para a produción de mazás en fincas particulares que, logo, a empresa se dedica a recoller e transformar.
A evolución positiva das vendas -un 15% máis no que vai de ano- e as perspectivas de crecemento fan que Estrella Galicia estea interesada en incorporar a novos agricultores para que lle subministren mazá de sidra.
Se estás interesado en participar no proxecto podes chamar ao teléfono 982441392 ou escribir un email a info@customdrinks.es