A Deputación de Lugo esixe medidas urxentes contra a praga da pataca

Publicidade
A Deputación de Lugo esixe medidas urxentes contra a praga da pataca

Pataca afectada pola couza

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este mércores por unanimidade a proposta do Grupo Provincial Socialista, que incorporou as peticións do PP e do BNG, para esixir á Xunta de Galicia e ao Goberno Central, administracións competentes nesta materia, medidas urxentes contra a praga da couza guatemalteca da pataca.

A proposta aprobada reclama á Xunta dispoñer dunha partida orzamentaria para proceder ás oportunas indemnizacións que se deriven da campaña de erradicación. A maiores solicita á Xunta un Plan de investigación científica, xunto cun Plan de indemnizacións aos agricultores e comercializadores afectados.

Segundo consta na Resolución do DOG publicada o 6 de febreiro, esta praga amplíase aos seguintes municipios da provincia de Lugo: O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Trabada, Lourenzá, Mondoñedo, Alfoz, O Valadouro, Ourol, Abadín, A Pastoriza, Riotorto e A Pontenova .

Os agricultores sofren inseguridade xurídica

Así as cousas, segundo o goberno da Deputación de Lugo “constátase que a xestión da praga por parte da Consellería de Medio Rural non foi eficaz, xa que en vez de reducirse, vai en aumento”.

Concretamente hai un risco de afectación, non só de explotacións dedicadas ó autoconsumo, senón tamén a explotacións produtoras-comercializadoras e á zona de IXP Pataca de Galicia. “Os agricultores sofren unha grave inseguridade xurídica xurdida polo anuncio da redacción do Real Decreto. Por iso é fundamental dotar orzamentariamente unha partida para cubrir as indemnizacións futuras”, conclúen dende o goberno provincial lucense.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información