Custom Drinks comprou este ano 2,5 millóns de quilos de mazá galega

Publicidade
Custom Drinks comprou este ano 2,5 millóns de quilos de mazá galega

Custom Drinks comprou este ano 2,5 millóns de quilos de mazá galega para elaborar a súa sidra Maeloc

Custom Drinks dá xa por pechada a campaña da mazá deste ano tras máis dun mes de intenso traballo nas súas instalacións de Chantada (Lugo). Conclúe unha campaña que alcanzou cifras récord, malia ser un ano de ciclo baixo de produción das maceiras, recolléndose un total de 2,5 millóns de quilos de mazá sidreira galega coa que se esperar elaborar preto de 2,2 millóns de quilos de sidras Maeloc, que chegarán ao mercado a próxima primavera.

Destaca especialmente que o 35% do volume do colleitado en Custom Drinks corresponde a mazá de cultivo ecolóxico, unha aposta sólida da compañía nos últimos anos que non parou de medrar e que se materializa en sidras ecolóxicas que contan cunha acollida moi positiva no mercado, como é o caso da súa Sidra Extra, a súa Sidra Natural e a súa Sidra Doce, todas elas ecolóxicas.

Desde a compañía estímase que ao redor de 1.000 pequenos cultivadores de toda Galicia trasladaron a súa produción á sidrería, onde recibiron as tradicionais variedades de mazá: Rabiosa, Repinaldo, Raxao, Marafonsa, Verdeñá, Jamardo, Regona, De la Riega, Teórica, Pero, etc.

O pasado ano 2017, récord na produción de mazá, Custom Drinks comprou uns 3 millóns de quilos de mazá en Galicia. Sen embargo, a vecería provocou que este ano a colleita galega baixase ao redor dun 60%.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información