Curso en Santiago de transformación de produtos agrícolas

Data inicio: 03/09/2019
Data fin: 26/09/2019
Lugar: Centro Social e Cultural Castiñeiriño

O Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela organiza, ao longo do mes de setembro, un Plan de Formación de Transformación e Conservación de Produtos Agrarios.

O curso está destinado aos pequenos produtores de horta e froita de cara a diversificar e mellorar a rendibilidade das súas actividades. Ten como obxectivo principal ensinar todo o necesario para iniciar unha liña de produción de transformados ou conservas, desde os primeiros pasos ata a comercialización final.

Contidos

O programa comeza por mostrar os principios básicos da microbioloxía na conservación de alimentos, a esterilización necesaria, os distintos métodos e as boas prácticas nos primeiros pasos.

A formación afondará na relación entre os tipos de transformación e os produtos a transformar para, tendo en conta esas particularidades, pescudar as necesidades dun centro de produción e envasado.

Destinatarios

Este Plan de formación está pensado para a poboación activa dentro do ámbito do GDR Terras de Compostela. Desde persoas mozas que inician un proxecto agrogandeiro, ata xente vinculada co rural que queira diversificar a súa formación e coñecementos ou calquera outro relacionado, ou interesado, no medio rural e na produción agrogandeira. A execución deste plan de formación correrá a cargo do Sindicato Labrego Galego, que conta con unha experiencia no sector do agro, estando ademais acreditados ante a Consellería de Medio Rural para impartir formación de temática agraria.

Inscricións

O curso terá unha carga lectiva de 30 horas e impartirase no Centro Socio Cultural do Castiñeiriño entre o 3 e o 26 de setembro en horario de tarde. As inscricións poden realizarse chamando ao teléfono 981 81 83 57 ou no correo [email protected]

FOLLETO - PLAN DE FORMACIÓN DE CONSERVAS

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información