Curso sobre como poñer en marcha unha plantación de árbores froiteiras en Galicia

Publicidade
Curso sobre como poñer en marcha unha plantación de árbores froiteiras en Galicia

Plantación de maceiras de sidra en Callobre, na Estrada

A Fundación Juana de Vega convoca unha nova edición do curso “Bases técnicas para o desenvolvemento da fruticultura en Galicia”. A formación práctica realízase en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo para a implantación e mantemento de fincas frutícolas.

A realización do curso terá compoñente teórica en aula e prácticas en finca. Un dos obxectivos para conseguir é a realización práctica de todas as operacións necesarias para a implantación e mantemento de plantacións de árbores froiteiras, principalmente adaptado á fruticultura da zona atlántica.

Para poder acadar estes obxectivos eminentemente prácticos a execución do curso terá carácter descontinuo, comprendendo o período desde o mes de febreiro ata finais do mes de novembro, coincidindo coa colleita da froita e posterior conservación e transformación.

Para a execución práctica de todas estas operacións o centro dispón dunha finca experimental para a execución das mesmas. Ao mesmo tempo implantaranse novos cultivos na finca desde a fase inicial de preparación e acondicionamento dos terreos. Para adaptar as prácticas ao ciclo vexetativo executarase o programa de xeito coordinado coas actividades para realizar nas fincas experimentais e na adega.

Horario do curso e número de prazas

O horario será en xornada de tarde, prioritariamente de 16:30 a 20:30 horas, durante a semana laboral, aínda que poida ter lugar algunha práctica durante a fin de semana.

Número de prazas: 24

Importe do curso: 200 euros

Duración do curso: 125 horas

Programa do curso:

Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás a inauguración do curso. Os coordinadores do curso son Guillermo Gil Do Campo e Xosé Antonio Meixide Fernández

Martes, 12 de Febreiro de 2019.

16:00 a 16:30 h. Inauguración e Presentación do Curso (Director Fundación- Director CFEA- Coordinador técnico do Curso)

16:30 a 20:00 h. Teoría: A poda de árbores e arbustos en Galicia: evolución e perspectivas. Lugar: Sede Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros)

Módulo I. A PODA:

-Mércores, 13 de febreiro. A poda. Conceptos xerais

-Xoves, 14 de febreiro. Ferramentas e utensilios de poda

– Mércores, 20 de febreiro. A práctica da poda (I)

– Xoves, 21 de febreiro. A práctica da poda (II)

– Mércores, 27 de febreiro. A práctica da poda (III)

– Xoves, 2 de maio. Estados fenolóxicos. A poda en verde

– Xoves, 11 de xullo. Poda en verde, anelados, poda de plantas macho, rareo manual de froitos

Módulo II. PROPAGACIÓN DE ESPECIES FROITEIRAS E ALTERNATIVAS FRUTÍCOLAS PARA GALICIA

– Xoves, 7 de marzo. Multiplicación. A Enxerta, esgallado/estaquillado, sementeira…

– Xoves, 14 de marzo. Multiplicación. Acodo mediante corte e recalce. Casos particulares: castiñeiro, mazá, cerdeira…

– Xoves, 21 de marzo. Enxerta do castiñeiro e outras froiteiras

– Mércores, 15 de maio. Principais alternativas frutícolas para Galicia

– Mércores, 22 de maio. Técnicas de cultivo de diferentes froiteiras (castiñeiro e outros froiteiros de interese)

– Mércores, 29 de maio. Cítricos, mazá de sidra e mesa, kiwi, pequenos froitos…

– Xoves, 6 de xuño. Planificación de explotación frutícola

Módulo III. DEFENSA VEXETAL, TRABALLOS DE MANTEMENTO, MECANIZACIÓN E INSTALACIÓNS FRUTÍCOLAS

– Mércores, 3 de abril. Pragas e enfermidades. Produción ecolóxica e integrada (I)

– Mércores, 10 de abril. Pragas e enfermidades. Produción ecolóxica e integrada (II)

– Xoves, 25 de abril. Instalacións necesarias na explotación froiteira: empalizadas, rega, emparrados, semiemparrados, cubertas, invernadoiros, peches, cortaventos, pistas, etc

– Xoves, 23 de maio. Mecanización. Labores primarios e mantemento de solos

– Mércores, 12 de xuño. Tratamentos fitosanitarios. Técnicas e mecanización

– Xoves, 20 de xuño. Mantemento e prácticas culturais dos cultivos frutícolas (solos, rega, aclareo de froitos… 3

– Xoves, 19 de setembro. Instalacións de conservación, laboratorio, análise e transformación, teoría da conservación de produtos, a adega…

Módulo IV. APROVEITAMENTO E TRANSFORMACIÓN DE PRODUTOS FRUTÍCOLAS

– Mércores, 2 de outubro. Prácticas de campo e laboratorio para o control da maduración de froitas (outonoinverno)

– Xoves, 10 de outubro. Maduración, recolleita e conservación da froita carnosa e froita seca. Loxística da recollida: palots, big-bags, caixas, sacos…

– Mércores, 16 de outubro. Maduración e recollida de froita carnosa e froita seca. Análise: dureza, materia seca e grao brix…

– Mércores, 30 de outubro. Práctica de elaboración de mosto e sidra

– Xoves, 7 de novembro. Práctica de elaboración de derivados da froita

– Mércores, 20 de novembro. Comercialización e mercados na froiticultura

– Mércores, 27 de novembro. A cata e a degustación de froitos frescos e transformados

Data de decembro a concretar: Clausura do curso e entrega de diplomas.

Sábado de xaneiro: Visita de campo

Inscríbete nesta ligazón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información