Curso práctico de poda en Allariz

A Fundación Ramón González Ferreiro organiza este sábado unha actividade formativa sobre o manexo de especies froiteiras, ornamentais e forestais

Publicidade
Publicidade
Curso práctico de poda en Allariz

Cartel de promoción do curso.

Data inicio: 28/01/2017
Data fin: 28/01/2017
Lugar: Fundación Ramón González Ferreiro, Allariz, España

Este sábado desenvolverase un curso práctico de poda en Allariz, en horario de mañá e tarde (9.30-13.30 e 15-19 horas). A actividade está organizada pola Fundación Ramón González Ferreiro e ten un custo de 25 euros.

En primeiro lugar, haberá unha parte teórica na que se explicarán tipos de poda, formas de corte, despuntes, arqueados e como é a poda específica para as distintas categorías de especies (froiteiras, forestais, ornamentais). A segunda parte será de carácter práctico, para trasladar ó campo o aprendido na primeira parte.

O custo do curso é de 25 euros. Os interesados poden contactar coa Fundación ben a través do correo electrónico info@fundacionrgf.org, ben a través do teléfono 988 436 182.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *