Curso de emprego de tracción animal na horta

Curso de emprego de tracción animal na horta

O concello ourensán de Allariz acollerá o curso de tracción animal na horta organizado polo grupo de desenvolvemento rural Limia-Arnoia, xunto coa Asociación Galega de Tracción Animal – Á Molida e Aptran – Associação Portuguesa de Tracção Animal.

A formación que terá lugar entre os días 27 e 30 de xuño desenvolverase na Horta de Mimá na que as persoas participantes asistirán a diferentes conferencias impartidas por profesionais como Miguel de “Mimá”;  João B. Rodrigues, médico veterinario de APTRAN;  Abel Ibañez Marti, albardeiro e podólogo equino; Óscar Antón Pérez García, enxeñeiro técnico agrícola e Ruth Labad, bióloga e produtora de hortalizas.

A actividade formativa tamén terá a súa parte práctica na que se afondará na preparación do solo, traballos intercalares na horta ou manexo e doma de animais para tracción animal, entre outros.

Programa do curso:

Día 1 – 27 de Xuño

Mañá:

– Sesión de apertura do curso: Recepción aos participantes e presentación e funcionamento do curso.

– Conferencia: “A horticultura familiar como alternativa de futuro para a agricultura Galega”, por Óscar Antón Pérez García.

– Conformación desexada nos animais de traballo (T/P): Morfoloxía xeral; aprumos

– Diferentes sistemas de arreos (P): Arrear / desarrear

– Sistema de condución con rédeas longas (P): 1 animal / pares; diferentes sistemas de transmisión de forzas animal (P)

Tarde:

– Preparación do solo: aproveitamento das parcelas e especificidades inherentes ao uso de animais (P)

– Ferramentas utilizadas en tracción animal para preparación do solo (P)

-Implantación de culturas (P)

Día 2 – 28 de Xuño:

Mañá:

– Palestra: “Planificación agrícola. ¿Cómo planificar o que queremos producir durante todo o ano?”, por Ruth Labad;

– Instalación de culturas hortícolas (T/P): Ferramentas utilizadas para instalación de culturas hortícolas (P) e sistemas de regadío (T/P);

Tarde:

– Traballos intercalares en horta (P);
– Ferramentas utilizadas para traballos intercalares (P);

Día 3 – 29 Xuño

Mañá:

– Profilaxíaveterinaria ( )T):
– Sistemas de manexo aplicados a équidos;
– Programas de saúde animal: vacinación e desparasitación;
– A prevención é o mellor remedio: como evitar e detectar problemas de saúde nos équidos de traballo.

– Colleitas (T/P): Ferramentas utilizadas no proceso de colleitas
(P);

Utilización de vehículos (P): Sistemas de enganche (P); Condución de vehículos (P)

Tarde:

– Tarde aberta para toda a comunidade;
– Revisión dos coñecementos adquiridos: Preparación do solo / Instalación de culturas / Traballos intercalares / Colleitas;

Día 4 – 30 de Xuño

Mañá:
– Manexo e doma de animais para tracción animal (T/P):
– Etoloxía;
– Proceso de doma;
– Aclaración de dúbidas;
-Sesión de peche.

Información e inscricións: http://www.limia-arnoia.gal/traccion-animal-en-horta/

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información