Curso de cultivo biointensivo da horta

Publicidade
Publicidade
Curso de cultivo biointensivo da horta
Data inicio: 11/10/2019
Data fin: 13/10/2019
Lugar: Amigos da Terra, Rúa Bedoya, Ourense, España

Amigos da Terra organiza os días 11, 12 e 13 de outubro en Ourense, unha formación básica de tres días do “Método Biointensivo de Cultivo de Alimentos”

O Cultivo Biointensivo é un método agroecolóxico sustentable enfocado ao autoconsumo e á comercialización a pequena escala. “Mentres respecta a natureza, pode chegar a obter o dobre de colleita que a agricultura convencional en moi pouco espazo, cun consumo de auga reducida e case sen depender de ningún recurso externo. A técnica realízase con ferramentas sinxelas e baséase en principios que poden adaptarse a calquera clima”, destacan dende Amigos da Terra.
.
O curso vai dirixido tanto ás persoas que queiran iniciarse na produción agroecolóxica, como a aquelas experimentadas que queren aprender novos métodos de traballo.

Impartirase en Ourense, no barrio do Polvorín, parte teórica no local do Grupo Scout ILEX695 na Rúa Pena Trevinca, 32 baixo, e a parte práctica na Horta da Terra, Rúa dos Ponxos, 5

O horario é de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Será impartido, por Guillermo Rodríguez Barreiro, enxeñeiro agrónomo e Mestre Nivel Básico do método biointensivo.

O prezo: inclúe o xantar do venres, sábado e domingo. Existen as seguintes modalidades de inscrición:

-Inscrición + libro de agasallo: 60€
-Inscrición faite persoa socia, si te asocias, a túa cota de 60€ (anual) cubrirá o curso + libro de agasallo e ademais poderás desgravala (75%)
-Inscrición xa son persoa socia, si xa es socia de Amigos da Terra o curso + libro de agasallo terán un custo de 15€

Máis información e inscricións: info@amigosdaterra.net

Fai clik neste enlace para ver o programa completo

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *