Couza da pataca: Ata o 31 de maio poderán declararse os cultivos na zona tampón

Couza da pataca: Ata o 31 de maio poderán declararse os cultivos na zona tampón

Pataca afectada pola couza guatemalteca

Os agricultores da zona tampón establecida para controlar a expansión da couza guatemalteca da pataca teñen de prazo dende mañá ata o vindeiro 31 de maio para presentar as súas declaracións de cultivo de tubérculo. Así o establece unha resolución da Consellería do Medio Rural que este mércores publica o Diario Oficial de Galicia (DOG).

En virtude desta resolución, prorróganse tamén todas as medidas fitosanitarias establecidas para a erradicación e control con respecto a este organismo de corentena e en concreto a expresa prohibición do cultivo de pataca nas zonas infestadas ata que transcorran dous anos desde o último insecto capturado nas trampas.

Concellos afectados

No DOG lémbrase que a día de hoxe os concellos infestados na provincia da Coruña son: A Capela, Ares, As Pontes, Cabanas, Cariño, Fene, Ferrol, Mañón, Mugardos, Muxía, Narón, Neda, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño. Na provincia de Lugo os concellos infestados son: Abadín, Alfoz, A Pontenova, A Pastoriza, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Viveiro e Xove.

Por outra banda, está considerada zona tampón na provincia da Coruña a totalidade da superficie dos concellos das Somozas, Cedeira, Cerdido e Moeche, ademais dunha franxa de 5 quilómetros limítrofe cos municipios infestados, que afecta a parcelas dos concellos de Pontedeume, Monfero, Vilarmaior, Miño, Cee, Corcubión, Camariñas, Carnota, Dumbría, Fisterra e Vimianzo. Na provincia de Lugo a zona tampón supón unha franxa de 5 km limítrofe cos concellos infestados, que afecta a parcelas dos concellos de Xermade, Muras, Vilalba, Cospeito, Castro de Rei, Pol, Meira, Ribeira de Piquín e A Fonsagrada.

Enlace á resolución do DOG

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información