Consellos para o cultivo do tomate

O tomate, un dos produtos da horta máis demandados no verán, non é un cultivo fácil de lograr ao aire libre en Galicia. Velaquí algúns consellos.

Publicidade
Consellos para o cultivo do tomate

Tomate de variedade Rama.

O tomate é un dos produtos máis demandados. O seu cultivo en exterior en Galicia sole presentar dificultades debido ás choivas e elevada humidade que favorecen a aparición de enfermidades como a botrite ou o mildeu. Variedades como o Raf, o de rama ou o Pera solen ser máis resistentes, aínda que unha opción preferible é apostar por variedades locais galegas, como o Negro de Santiago ou Avoa de Osedo, máis adaptadas ás nosas condicións climáticas.

Velaquí algúns consellos para o seu cultivo:

-Requirimentos do solo: o tomate pertence á familia das solanáceas, como a pataca ou o berenxena, e polo tanto é moi esixente en abono. Precisa daquela unha terra ben abonada e mol.

-Plantación: Na plantación da tomateira debemos enterrar a raíz en profundidade, ate a metade do talo aproximadamente. Isto favorecerá un bo enraizamento e fará que a planta aguante mellor as horas de calor.

-Entitorado e poda: Para garantir o crecemento recto da planta é aconsellable poñerche unha estaquiña dende a súa plantación que se irá cambiando por unha máis grande cando chegue supere o medio metro.

Conforme vaian medrando as tomateiras debemos cortarlle os gromos laterais ou chupóns que nacen enriba das follas, deixando só o brote principal ou apical e os seus acios  de flores. A medida que as tomateiras vaian medrando tamén debemos retirar as follas secas para aportar luz e maduración aos tomateiras e evitar ataques de araña vermella, oídio e outras enfermidades.

A partir do mes de setembro podemos podar os extremos dos gromos centrais para favorecer que os tomates maduren e engrosen.

-Rego: sexa por pingueira ou manual o rego é aconsellable facelo poña mañá, canto máis cedo mellor, xa que a auga e a temperatura do solo estarán equilibradas. Sempre se debe regar directamente no pé e nunca se deben mollar as follas da planta xa que isto favorecerá a aparición de enfermidades.

Unha boa opción para regar menos e reter a humidade no solo e aplicar arredor do pé da planta unha capa de herba ou céspede secos, que ao tempo que reducirá a evaporación da humidade aportará materia orgánica.

Tratamentos: As tomateiras son moi sensibles aos mildeu, especialmente en Galicia e que é facilmente detectable polas súas manchas grises, como se queimaran as follas da planta. Para evítalo é recomendable aplicar sulfato de cobre cada dez ou 15 días e preferentemente entre as 11:00 e as 18:00 horas. Outra alternativa máis ecolóxica é aplicar iogur ou soro de leite diluído ao 5% en auga.

Contra os ataques de pulgón –tería que ser un ataque a boa parte da planta- un remedio son os tratamentos con xabrón potásico ou purín de allo diluído en auga e pulverizado.

Se todo vai ben a mediados de xullo poderemos probar os primeiros tomates galegos.

Información elaborada a partir de elaboración propia e do “Manuel Práctico del Huerto Ecológico”. Mariano Bueno. .

2 ideas sobre “Consellos para o cultivo do tomate

  1. Tina Vazquez

    Gustame comer san, temos una pequena horta o pe da casa e vamos plantando o de cada tempada, como poria ter berenxenas no invernadero sen mosca blanca? E que logo sempre acaba pasando pos tomates.o ano pasado plantei o tomate negro de santiago no invernadeiro, pero non me gustou porque os dous dias xa estaban blandos.gracias polos consellos.ata a próxima.

    Contestar
    • Uncalquera

      A Albaca ou asubiote prantado xunto as berenxenas fai de bo repelente contra a mosca branca, eu non tenho dende q as pranto.

      Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información