Consellos para o cultivo da horta en agosto

Consellos para o cultivo da horta en agosto

Agosto é un mes de intensa actividade nas nosas hortas xa que se xunta a colleita de cultivos de verán e das patacas de tarde coas plantación xa da horta de inverno.

Velaquí algúns consellos:

Agosto é un mes moi apropiado para plantar a horta de inverno: couveflor, repolo, brócoli, escarola…etc. A súa plantación recoméndase ata a primeira quincena de setembro, como tarde. Tamén é o último mes recomendado para plantar porro.

A rega é clave neste mes.Un sistema de rega por goteo con programador aforraranos moito traballo. Recoméndase regar nas primeiras horas do día ou a últimas da tarde para optimizar o aproveitamento da auga por parte dos cultivos. Débese regar no pé, sen mollar as follas das plantas para evitar enfermidades fúnxicas. O acolchado con herba seca ou palla arredor da planta axudará a reter a humidade e a aforrar auga, ao tempo que melloramos a estrutura do solo e o vigor da planta.

-Se estamos no sur de Galicia e vemos que o sol queima as follas dos nosos cultivos, sobre todo leitugas, unha malla de sombreado podo ser unha boa solución, ben sexa comprada ou feita por nos cunhas canas e uns fentos.

-O mellor momento para recoller os froitos é nas primeiras horas da mañá, cando os produtos están máis frescos. As cabaciñas hai que repasalas para recoller os froitos cada semana; o mesmo que os tomates, e as xudías cada catro días. Pementos e berenxenas tamén precisan ser colleitados unha vez cada dez días, máis ou menos. No caso dos pementos de Padrón é recomendable recollelos dúas veces por semana, para evitar que sexan demasiado grandes e piquen.

-En canto á sementeira ao aire libre, cara finais de agosto é a mellor época para sementar o rei da gastronomía galega de inverno: o nabo. Hai que sementalo en pó e cunha chuvieira nacerá deseguido, aínda que dependendo das comarcas e do tipo de grelo (de cedo, de tarde ou de medio tempo), pode facerse tamén en setembro e mesmo en outubro.

-Tamén podemos plantar en cepellón ao aire libre leitugas, nabicol ou escarola que, con bos coidados, estarán listas para recoller nos meses de setembro-outubro.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información