Consellos para o coidado do pulverizador de mochila

Publicidade
Publicidade
Consellos para o coidado do pulverizador de mochila

O pulverizador debe utilizarse con protección

Os pulverizadores de mochila son amplamente utilizados en horta, viña e xardinería, tanto por profesionais como para agricultura doméstica. Neste sentido, Goizper, a empresa basca fabricante dos coñecidos pulverizadores Matabi, ofrece unha serie de consellos para mellorar o mantemento, a seguridade e a eficiencia destas máquinas.

O bo mantemento do pulverizador é esencial para que este poida ter unha longa vida. É primordial despresurizarlo, baleiralo e limpalo con auga despois de cada uso. Se vemos que a boquilla se obstruíu, simplemente deberémola de limpar con auga, sen utilizar ningún obxecto metálico. En caso de taponamento, faremos o mesmo co filtro da maneta.

Aplicar un pouco de aceite ou graxa nas xuntas e partes en movemento axudará ao seu óptimo funcionamento.

En caso de manilla agarrotada e/ou filtro sucio, soltar a empuñadura. Extraer o filtro tirando cara fóra, limpalo, engraxar as xuntas e montar.

Para a súa correcta conservación, é importante almacenalo ao abrigo para evitar xeadas e calor. Mantelo entre 5 e 30 ºC.

Para que as aplicacións co pulverizador sexan eficaces e eficientes e non malgastemos nin o produto nin o investido, deberemos de respectar sempre as prescricións e as doses que recomende o fabricante do produto fitosanitario que esteamos a utilizar.

Por último, desde Goizper insisten en que é moi importante ter sempre en conta as normas de seguridade, tales como:

– Non comer, beber ou fumar durante a manipulación dos tratamentos.
– Non pulverizar agroquímicos sobre persoas, animais (excepto modelos específicos -Teat Sprayer) nin instalacións eléctricas.
– Non aplicar os tratamentos con forte vento ou calor.
– Non verter os residuos preto de cursos de auga ou pozos que vaian ser para o consumo humano ou animal.

Por último, recomendan utilizar sempre un equipo de protección adecuado (máscara, lentes, luvas, etc..) para evitar o contacto coa pel, boca e ollos. En caso de intoxicación, consultar inmediatamente co médico; se temos a caixa do produto fitosanitario que se aplicou, será de axuda levalo á consulta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información