¿Como serán as axudas específicas da Xunta para o sector da horta e froiteiras?

Publicidade
¿Como serán as axudas específicas da Xunta para o sector da horta e froiteiras?

Plantación de repolo en Mondoñedo

A Consellería do Medio Rural aprobará nas próximas semanas unha nova orde de axudas destinada en exclusiva aos sectores da horta, froita e da planta ornamental. Esta iniciativa ten por obxectivo apoiar este sector produtivo para que non parta en desvantaxe fronte a outros máis dimensionados, coma o lácteo, nas ordes de subvencións que comparten, como son os plans de mellora.

A Consellería de Medio Rural mantivo recentemente unha xuntanza en Santiago con representantes do sector para avanzarlle o contido da orde. Segundo fontes presentes na reunión, esta nova liña de axudas, que se publicará en breve, estará dotada con 4 millóns de euros e subvencionará investimentos nos sectores da horticultura, produción de froita e viveiros, cuns criterios similares aos plans de mellora no sector gandeiro.

Ata un 50% de subvención dos investimentos

Os investimentos deberán estar entre 5.000 e 120.000 €. A porcentaxe de axuda será do 30-50%, ampliable segundo varios criterios. Así, ser agricultor mozo sumará un 10%, producir en agricultura ecolóxica incrementará a subvención noutro 10%, estar zonas con limitacións naturais aumentará noutro 5% ou os investimentos colectivos aumentarán a porcentaxe de subvención un 5%, ata cubrir un limite do 50% do investimento.

Por outra parte, as desaparecidas axudas para Asociacións de Defensa Fitosanitaria (ADFs), só se poderán incluír a través de entidades de xestión. Por último, dende a Consellería de Medio Rural animan ao sector a crear Organizacións de Produtores de horta e froita, para poder acceder a liña de axudas, que este ano quedou deserta ao non haber ningunha constituída en Galicia, e que establece unha axuda en función do valor da produción comercializada.

O sector da produción de horta e da froia é un dos que ten máis potencial de crecemento en Galicia, tanto para cubrir a demanda interna como para a exportación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información