Como deben almacenarse e transportarse os produtos fitosanitarios?

Publicidade
Como deben almacenarse e transportarse os produtos fitosanitarios?

Produtos fitosanitarios almacenados

O próximo 25 de novembro entra en vigor o Real Decreto 1311/2012 de uso sustentable de produtos fitosanitarios que tamén establece unhas normas claras no relativo ao almacenamento e transporte polos usuarios deste tipo de produtos.

En concreto, no relativo ao transporte de produtos fitosanitarios, o artigo 38 establece que:

O transporte de produtos fitosanitarios realizarase de xeito que non se poidan producir vertidos.

Os envases transportaranse pechados, colocados verticalmente e con apertura cara á parte superior.

Sempre que existan vías alternativas próximas, evitarase atravesar canles de auga co equipo de tratamento cargado coa mestura do produto fitosanitario.

E en canto á almacenaxe por parte dos usuarios, o artigo 40 do Real Decreto 1311/2012 establece que:

Os produtos para uso profesional gardaranse en armarios ou cuartos ventilados con pechadura para controlar o acceso a eles.

-Estarán separados por parede de obra de calquera local habitado e disporán de suficiente ventilación, natural ou forzada, con saída ao exterior.

– Non estarán situados nas proximidades das masas de auga superficiais ou dos pozos de extracción de auga. Tampouco se poderán situar en áreas inundables.

– Disporán de medios adecuados para recoller derrames accidentais.

– Disporán dun contenedor acondicionado cunha bolsa de plástico para illar os envases danados, envases baleiros, os restos de produto e os restos de calquera vertido accidental que se producira ata a súa entrega ao xestor autorizado de residuos.

– Os consellos de seguridade, os procedementos en caso de emerxencia e os teléfonos de emerxencia estarán á vista.

– Os armarios estarán situados en zonas libres de humidades e protexidos das temperaturas extremas. Deben estar illados do resto de enseres do almacén, especialmente do material vexetal e dos produtos para consumo humano ou animal.

-Os produtos deben gardarse pechados, en posición vertical con peche cara a arriba e coa etiqueta orixinal íntegra e lexible. O produto sobrante debe gardarse no seu envase orixinal e pechado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información