Coidados das maceiras durante esta semana

Publicidade
Coidados das maceiras durante esta semana

A Consellería de Medio Rural ven de emitir este venres un informe sobre a situación fitosanitaria das maceiras en Galicia e as recomendacións a seguir. Son as seguintes:

Maceiras de sidra e mesa:

En maceiras que estén en estado fenolóxico igual ou anterior a C-C3 (orella de rato), podemos aplicar un tratamento funxicida a base de cobre que ten como finalidade previr os ataques de fungos cando a xema está a hincharse. Este sería o caso de casi todas as variedades sidreiras (agás De la Riega).

En maceiras que superen o estado fenolóxico C-C3 e até o estado de botón rosa (E2-F)(todas as variedades de mesa), é imprescindible un tratamento preventivo cun funxicida de contacto, mellor que un funxicida sistémico, xa que no estado actual das maceiras, temos pouco desenrolo vexetativo, o que perxudica a absorción do mesmo. Este funxicida de contacto, pode ir unido a un insecticida que controlaría o ataque do pulgón cincento.

En maceiras de mesa en floración, debemos respectar esta época sen tratamentos a fin de protexer a actividade das abellas e demáis insectos polinizadores. Lembrar que este ano acumulamos un adianto na floración de 15-20 días respecto do último ano.

Nas variedades de mesa nas que xa estamos en fase de caída de pétalos (estados H-I), aplicaremos tamén un tratamento funxicida pero cun produto sistémico, xa que dispoñemos de máis superfície foliar.

Recoméndase alternar as materias activas usadas para evitar problemas de resistencia.

Confusión sexual en Cydia pomonella (verme da mazá):

Estamos chegando á época de proceder á colocación de difusores de fermona de Cydia pomonella (Verme da mazá), como método biotecnolóxico para o control desta praga.

Recomendacións dos técnicos de Asociación de Fruticultores de Galicia (AFRUGAL):

-Agricultura Ecolóxica:
Cobre: Óxido Cuproso
Funxicida (só de contacto): Polisulfuro de Calcio (dose 2%)

-Produción Integrada:
Cobre: Óxido Cuproso
Funxicida de contacto: Captan ou Tiram
Funxicida sistémico: Tebuconazol

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información