A asemblea dos olivareiros galegos acorda avanzar na profesionalización

Publicidade
A asemblea dos olivareiros galegos acorda avanzar na profesionalización

Asemblea da APAAG celebrada en Vigo

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia (APAAG), celebrou este sábado en Vigo a súa VI Xunta Xeral coa presenza duns 100 asociados. Esta xuntanza, que ten carácter anual, establece as principais liñas de traballo nas que se centrará a APAAG nos vindeiros meses. O acto tivo lugar durante toda a mañá no Auditorio Municipal de Vigo e foi clausurado polo alcalde Abel Caballero.

Tal e como correspondía neste 2019, tamén someteuse a elección a nova directiva da asociación. A este órgano colexiado que coordina o día a día do traballo da APAAG, presentouse unha soa candidatura encabezada polo actual presidente, José Antonio García, acompañado dun equipo renovado.

Entre as principais decisión tomadas nesta VI Xunta Xeral da APAAG están a de seguir a consolidando o sector oliveiral galego como alternativa para o medio rural, reforzar a colaboración con outras institucións, como o CSIC ou a Fundación Juana de Vega, para afondar no estudo das especies autóctonas.

Por outra parte, informouse da colaboración co Grupo Operativo supraautonómico Valresoleica, que ten como obxectivo a valorización de residuos para convertelos nunha fonte de riqueza á vez que se diminúe o seu impacto ambiental. Ademais, tamén se marcou posición na defensa da realidade do sector oliveiral en Galicia ante as novas regulacións que podan introducirse nos vindeiros anos. Nete sentido, seguen a apostar por un novo marco normativo, que recoñeza e protexa a calidade do auténtico aceite que se produce en Galicia.

Xa unhas 140.000 oliveiras plantadas

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia, naceu en decembro do 2014 pretendendo agrupar nunha mesma entidade a todos os produtores de aceite e aceituna do territorio galego para asesorar sobre todo o relativo á cultivo das oliveiras, e defender o sector no seu conxunto. Hoxe en día conta con máis de 130 socios/as e máis de 130 hectáreas plantadas, que suman un total de 140.000 oliveiras.

Nova directiva da APAAG:

Presidente: José Antonio García
Tesoureiro: José Antonio Marcos
Secretario: Carlos Pérez
Vocal de comunicación: Alfonso Rodríguez
Vocais: Avelino Pazos, Elvira Blanco, Carlos González, Julio Quiroga, Mª Victoria Lis , Mª José Salgado e Lucía Vigo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información