A Xunta regulará cun decreto o Rexistro de Produtores e Operadores de Fitosanitarios

Publicidade
Publicidade
A Xunta regulará cun decreto o Rexistro de Produtores e Operadores de Fitosanitarios

O Consello da Xunta aprobou este xoves o inicio de tramitación do anteproxecto de Decreto da Consellería do Medio Rural que regula a inscrición e funcionamento do Rexistro oficial de produtores e operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO), co obxectivo de levar un control exhaustivo sobre a aplicación destes produtos na nosa Comunidade.

A comercialización e uso de produtos fitosanitarios son actividades reguladas, tanto pola normativa comunitaria como pola estatal, e deben ser controladas tamén pola Administración autonómica de forma que se faga un uso correcto e sustentable destes produtos. Para levar este control sobre os distintos operadores de produtos fitosanitarios é preciso crear un sistema de rexistro co que se poida ter un coñecemento das empresas que poñen no mercado estes produtos fitosanitarios como daquelas que os utilizan.

Quedan excluídos do ROPO os establecementos que só vendan produtos de uso non profesional

Desta forma crearase o Rexistro oficial de produtores e operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO), onde deberán figurar todas aquelas empresas e comerciais que subministren produtos fitosanitarios, así como as empresas que realicen tratamentos fitosanitarios, as persoas cualificadas como asesores e os usuarios profesionais con carné básico, cualificado, fumigador ou piloto aplicador. Porén, quedarán fóra deste rexistro aqueles establecementos que vendan exclusivamente produtos autorizados para usos non profesionais.

Con este decreto, a Consellería do Medio Rural adaptará a normativa da Comunidade Autónoma á recente normativa comunitaria e nacional sobre a materia. Coa nova norma establecerase o procedemento administrativo para a inscrición, modificación e cancelación do ROPO, así como a súa estrutura e funcionamento.

Segundo a Consellería os obxectivos desta nova norma son “a protección da saúde dos consumidores e pola protección do medio ambiente, mediante a aplicación dunha estratexia de uso sustentable dos produtos fitosanitarios”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información