O Consello de Ministros aprobou hoxe, a proposta do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, un Real Decreto que modifica a normativa vixente sobre o uso sustentable dos produtos fitosanitarios.
Mediante esta modificación permítese que os carnés expedidos, en base á Orde ministerial de 1994, sobre homologación de cursos de capacitación para a realización de tratamentos de praguicidas, poidan manter a súa validez ata a data de caducidade dos mesmos.
Evítase así a renovación automática de todos os carnés de usuarios profesionais de praguicidas, prevista para 2016, para permitir que se renoven unha vez vencese a súa vixencia.
O Real Decreto aprobado hoxe tamén modifica a norma sobre programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais, para ampliar o período de vacinación de femias, en determinadas áreas ou explotacións contra a brucelose bovina.