A Xunta proxecta obrigar ós propietarios a cortar o arborado nas marxes das liñas eléctricas

Unións Agrarias demanda a retirada da medida, que suporía “novas cargas e obrigas” para os afectados. O borrador da lei de acompañamento dos presupostos do 2019 modificará tamén as distancias do arborado a núcleo rural, parcelas agrarias e canles fluviais

Publicidade
A Xunta proxecta obrigar ós propietarios a cortar o arborado nas marxes das liñas eléctricas

Base dunha torre de alta tensión. / Arquivo.

A lei de acompañamentos dos presupostos da Xunta para o 2019 modificará a normativa sobre distancias de arborado a infraestruturas, parcelas agrarias e vivendas. Unha das novidades radica en que a Administración obrigará ós propietarios a cortar o arborado nas marxes das liñas eléctricas, en concreto nos 5 metros contados “desde a proxección do condutor máis externo, considerando a súa desviación máxima producida polo vento”, segundo recolle o borrador da chamada Lei de Medidas Fiscais.

Tal disposición é criticada por Unións Agrarias, que considera que a Xunta está a lexislar contra os propietarios forestais, “Introdúcense novas cargas e obrigas para os afectados, sen ningún tipo de compensación. O lóxico é que eses 5 metros de franxa sen arborado se expropiasen como servidume por parte das compañías eléctricas”, defende José Antonio Diéguez, de Ventonoso, un colectivo de propietarios afectados por parques eólicos ligado a Unións Agrarias.

A organización agraria cuestiona tamén outros cambios da Lei de Montes que se efectuarán a través da lei de acompañamento dos presupostos. “As frondosas caducifolias tiñan que manter 15 metros de distancia co solo de núcleo rural, pero agora redúcese esa limitación a 2 metros. Que pasa con todas as árbores próximas a un núcleo que se tiveron que cortar no último ano baixo ameazas de multa?” -cuestiona o secretario de Desenvolvemento Rural de Unións, Jacobo Feijoo.- “Hai unha clara falta de criterio, bandazos e improvisacións”, critica.

Novas distancias a respetar polo arborado

O proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, que previsiblemente se aprobará nas próximas semanas, deixa as distancias reguladas para o arborado tal e como segue:

– A parcelas forestais, 2 metros.

– A solo rústico de especial protección agropecuaria: 5 metros para frondosas caducifolias (antes eran 10 metros) e 10 metros para o resto.

– Desde o límite do dominio público de vías de comunicación (estradas convencionais, vías rápidas, autopistas, autoestradas, ferrocarril), 2 metros para frondosas caducifolias ( antes eran 4 metros) e 10 metros para o resto de especies.

– Con pistas, asfaltadas ou non, de polo menos 5 metros de ancho e que conten con polo menos unha cuneta: 2 metros as frondosas, 4 metros o resto de especies e 6 metros nos concellos declarados como zonas de alto risco.

– Con canles fluviais de máis de 2 metros de ancho: 2 metros para frondosas caducifolias (antes eran 5 metros) e 15 metros no resto de especies, a contar desde o dominio público.

– Con solo urbano, solo de núcleo rural e solo urbanizable: 2 metros (antes eran 15 metros) cando se empreguen especies de frondosas caducifolias, e 50 metros no resto de especies.

– Con edificacións, urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais situadas a menos de 400 metros do monte ou fóra de solo urbano e de núcleo rural, e con vivendas illadas en solo rústico, independentemente da súa distancia ao monte: 15 metros cando se empreguen especies de frondosas caducifolias e 50 metros no resto de especies.

– Con cámpings, gasolineiras e industrias ou instalacións preexistentes en que se desenvolvan actividades perigosas: 15 metros para especies de frondosas caducifolias e 50 metros para o resto de especies.

– En instalacións eléctricas, desde a proxección do condutor máis externo, considerando a súa desviación
máxima producida polo vento segundo a normativa aplicable a cada caso: 5 metros para todas as especies.

image_print

2 ideas sobre “A Xunta proxecta obrigar ós propietarios a cortar o arborado nas marxes das liñas eléctricas

  1. Josè

    Como continuemos asi vamos a tener que darle todo a las electricas y a la Xunta, ya que ya la cagaron con la limitación de los arboles alrededor de las casas, ya que hay muchas construidas ilegalmente en zonas arboladas y sin guardar ningùn limite y ahora los propietarios de las fincas son los dannificados con èstas medidas sin injustas y sin justificación alguna, si se queman los montes que la Xunta se llame a la mea culpa y que deje ir los propietarios y vecinos a apagar el fuego y que puedan venir los medios aereos rapido y no poener gente que descoce el terreno y no le interesa para nada apagar el fuego si nó todo lo contrario como està mas que demostrado.

    Contestar
  2. Raul

    Paréceme que estos politiquillos non saben min o que se debe facer. Nada mais que torear a xente

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información