A Xunta crea a Axencia Galega da Industria Forestal para impulsar a innovación e o emprego no sector

Publicidade
A Xunta crea a Axencia Galega da Industria Forestal para impulsar a innovación e o emprego no sector

O Consello da Xunta aprobou este xoves a creación e os estatutos da Axencia Galega da Industria Forestal, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria. O seu obxectivo é incrementar o valor dos produtos intermedios e do produto final da cadea forestal, o fomento do emprego de calidade mediante a incorporación de persoal cualificado, e a innovación tecnolóxica.

Coa creación deste novo organismo, prevista xa na Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, dáse resposta ás necesidades trasladadas polo sector forestal galego, que factura ao redor de 2000 millóns de euros, está composto por unhas 3000 empresas e emprega, de forma directa e indirecta, a máis de 80.000 persoas.

En setembro está previsto que se constitúan os órganos de goberno da axencia

As actuacións da Axencia irán destinadas ás pequenas e medianas empresas que conforman a cadea forestal, e que pertencen a subsectores como a explotación forestal, na que se inclúen traballos de corta e saca, de silvicultura e comercialización de madeira en bruto; a primeira transformación, á que se dedican sobre todo os serradoiros; e a segunda transformación, da cal forman parte os traballos de carpintaría e mobles, madeira tratada e elaborada, fabricación de portas e ventás, embalaxes e industrial, entre outros.

Os órganos de goberno da Axencia Galega da Industria Forestal serán a presidencia, que exercerá o titular de Economía, Emprego e Industria, e o Consello Reitor, que se prevé constituír no mes de setembro. Posteriormente nomearase a persoa que asumirá a dirección do organismo.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información