A Xunta constata o éxito do Torymus para combater a praga da avespiña do castiñeiro

A Xunta constata o éxito do Torymus para combater a praga da avespiña do castiñeiro

Bugallas nos castiñeiros provocadas pola avespiña

A Consellería do Medio Rural confía na eficacia das soltas de Torymus Sinensis para combater a praga da avespiña do castiñeiro e pide agardar para ver os resultados das soltas masivas que se realizaron este ano.

O departamento que dirixe José González responde así ás conclusións dun estudo no que participaron investigadoras da Escola Politécnica de Lugo (USC) e que revela que os resultados de eficacia do ‘Torymus sinensis’, o insecto encargado de combatir á avespiña do castiñeiro, demostráronse moi pouco eficaces nos primeiros anos de soltas, cunha taxa de parasitismo das soltas ralizadas no período 2015-2017 moi baixas: De 4.871 bugallas recolectadas en 33 puntos de Galicia entre o 2017 e principios da primavera do 2018, só se logrou a recuperación dun único ‘Torymus sinensis’ en Riós (Ourense), onde comezou a liberación controlada no 2017.

Co fin de encarar o problema, a Xunta procedeu a soltas experimentais de 220.395 individuos de ‘Torymus sinensis’ no periodo 2015-2017, en tanto que no 2018 liberáronse 704.000 e na primavera deste 2019 realizouse unha solta de 1,6 millóns de ‘Torymus’.

Valoración da Consellería de Medio Rural

Sen embargo, dende a Consellería de Medio Rural contradín eses resultados do estudo, referidos só ao período 2015-2017 -cando se soltaron menos exemplares- e poñen en valor que “as análises das bugallas dos castiñeiros de zonas nas que houbo solta do parásito durante o período 2016-2018 -máis amplo que o estudo da USC e con máis soltas de Torymus- revelan que se detectou parasitación por Torymus sinensis nun total de 55 concellos de Galicia”. “Isto implica que o Torymus sinensis iniciou con éxito a colonización das bugallas”, subliñan dende a Consellería.

En todo caso, dende Medio Rural puntualizan que “hai que ter en conta que nestes datos non figuran as análises do ano 2019, -no que houbo unha solta masiva de 1.6000.000 individuos de Torymus sinensis– que se realizarán este outono unha vez recollidas a bugallas secas que apareceron na primavera”.

Neste sentido, confían en que este ano “a porcentaxe de parasitación seguirá aumentando, polo que se asentarán as poboacións do parasito”.

¿Como mide a Xunta a eficacia das soltas de Torymus para combater a avespiña do castiñeiro?

No outono de cada ano despois das soltas de Torymus, tómase en campo unha mostra de bugallas co fin de comprobar os resultados da parasitación.

O proceso consiste en seleccionar unha serie de puntos onde se realizaron as soltas do parasito, que os técnicos da Consellería de Medio Rural localizan grazas a que se tomaron as coordenadas con GPS na primavera no momento da liberación do Torymus sinensis.

O número total de puntos de mostraxe increméntase en función do número de puntos de solta de Torymus que se foron realizando en cada un dos anos de solta. En concreto, no ano 2019, os puntos de mostraxe serán de 1.200, o que supón un total de 6.000 bugallas a testar.

En cada un dos puntos de mostraxe, colléitanse un total de cinco bugallas que se levan ao laboratorio para comprobar o seu grado de parasitación.

Neste sentido, dende a Consellería de Medio Rural inciden en que “para ter un resultado da eficacia deste sistema hai que esperar un tempo prudencial, pois trátase dunha loita biolóxica que ten os seus efectos co paso dos anos”.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información