Xornadas da Asociación de Propietarios de Montes do Morrazo

O colectivo organiza unha serie de charlas para abordar as perspectivas sobre o futuro forestal da comarca. Desenvolveranse esta semana en Marín e rematarán cun roteiro o domingo

Publicidade
Data inicio: 04/05/2017
Data fin: 07/05/2017
Lugar: Marín, Avenida de Ourense, 3, España

A Asociación de Propietarios de Montes do Morrazo, que engloba a un cento de persoas desta comarca pontevedresa, organiza unhas xornadas para abordar as perspectivas sobre o futuro forestal do Morrazo. Desenvolveranse en Marín, no museo Manuel Torres, o xoves 4 e o venres 5 de maio, e rematarán o domingo cun roteiro polos montes da comarca.

A asistencia á xornada é gratuíta, se ben hai que inscribirse previamente, ben a través da web da asociación, ben no e-mail propietario.morrazo@gmail.com. O colectivo de propietarios do Morrazo naceu no 2015 co obxectivo de mellorar a rendibilidade do monte privado da comarca, afectado por un progresivo abandono. No Morrazo hai arredor de 20.000 propietarios que suman 50.000 parcelas de monte.

Programa das xornadas

Xoves 4 de maio
20 horas – Presentación das xornadas (Presidente da Asociación de Propietarios do Morrazo, Luciano Guimeráns).

20.15 horas – ‘Problemas actuais e futuros dos montes’ (Juan Picos, profesor da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra (Uvigo).

21.15 horas – Micoselvicultura e micofruticultura: plantacións multifuncionais de cogumelos, froitos e madeira (Enrique Fandiño, director do viveiro de Hifas da Terra).

Venres 5 de maio
20 horas – ‘Certificación forestal’ (Certiforest)

21.15 horas – Dereitos e obrigas dos propietarios forestais (Calixto Escariz, avogado).

Domingo 7 de maio
17 horas – Clausura cunha andaina polos montes que unen Marín, Moaña e Bueu. Ruta circular de 7 quilómetros. Saída da Festa de Pastoriza (Ardán).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información