Xornada sobre prevención de riscos na actividade forestal

Publicidade
Data inicio: 28/04/2016
Data fin: 28/04/2016
Lugar: Centro ISSGA de Pontevedra, Redondela, España

O Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) programou en Redondela (Pontevedra) unha xornada adicada á prevención de riscos na actividade forestal. O programa inclúe ponencias sobre a planificación e organización preventiva dos aproveitamentos forestais, así como sobre cuestións de prevención de riscos a ter en conta nas pequenas e medianas empresas do sector.

A asistencia á xornada, que se desenvolverá o xoves 28 de abril no centro Issga de Pontevedra (Redondela) é gratuita, pero hai que inscribirse antes a través da web do Issga.

Programa

10.15 – Presentación

10.30 horas – Planificación preventiva nas pequenas e medianas empresas do sector forestal (José Ángel González. Enxeñeiro de montes, Confemadera Galicia)

11.15 – Descanso.

11.45 horas – Planificación e organización preventiva dos aproveitamentos forestais (Roberto Manteiga, xefe de seguridade e saúde laboral da área forestal de Ence)

12.30 – Actuación do Issga no sector forestal (Esther Varela. Técnica de seguridade e saúde laboral do Centro Issga da Coruña)

13 horas – Coloquio e peche.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información