Xornada sobre políticas verdes de protección contra os incendios forestais na UE

Xornada sobre políticas verdes de protección contra os incendios forestais na UE

O Grupo Parlamentario da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e a deputada Lidia Senra organizan unha xornada sobre “Os incendios forestais na UE: Políticas Verdes de Protección”. A sesión terá lugar este sábado, día 9 de xuño, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Monforte de Lemos. Os relatorios e debates prolongaranse ó longo de toda a xornada e abordarán tanto alternativas sostibles contra os lumes e valorización do monte así como a análise das actuacións de prevención, control e reparación de danos dos lumes forestais.

Programa do curso:

10:00 horas Recepción dos participantes.

10:15 horas Apertura das xornadas por Lidia Senra Rodríguez, Deputada Galega no Parlamento Europeo, membro do Grupo Parlamentario da Esquerda Unitaria Europea/ Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

10:30 horas “Cortalumes verdes e outras alternativas ós cortalumes de terra espida”. Antonio Rodríguez García. Gandeiro de cabrún de leite e membro de COAG. (Rede de Áreas Pasto-Cortalumes de Andalucía).
Felipe Castro López. Axente Medioambiental da Xunta de Galicia.
Claudio Quintillán Vallejo. Técnico de Explotacións Forestais e Membro da Asociación Galega de Comunidades de Montes.

Introdución e moderación: Maribel García Díaz. Concelleira en Monforte de Lemos por Esperta Monforte.

11:15 horas Debate.

12:15 horas “Avaliación das actuacións da Xunta antes, durante e despois dos lumes”.
Luisa Pallares González. Presidenta da Asociación de Veciños e Veciñas de Chavaga. María Teresa Rodríguez Rodríguez. Asociación de Veciños e Veciñas de Chavaga.
Orlando Gregorio Álvarez Álvarez. Biólogo e castañicultor.
Diego Sánchez Agra. Enxeñeiro forestal. Asociación Frouma.

Introdución e moderación: Lidia Senra. Deputada galega en Europa, membro de GUE/NGL.

13:00 horas Debate.

13:45 horas Parada para xantar.

16:00 horas “Aprender dos erros. O sistema de emerxencias e extinción dos lumes forestais”.
Benxamín Balboa Cereijo. Bombeiro forestal.
Davide Rodríguez Estévez. Bombeiro forestal e deputado de En Marea no Parlamento Galego.

Introdución e moderación: Vanesa Garrido Blanco. Membro de C@urel Vivo.

16:40 horas Debate

17:00 horas “Fronte ó abandono da terra, a valorización do monte”.
Víctor Álvarez Arias. Técnico da Consellería de Medio Rural e concelleiro en Lugo por Lugo Novo.
Félix Domínguez Cortiñas. Alcalde de Manzaneda por Anova Manzaneda.

Introdución e moderación: Paula Verao. Deputada de En Marea no Parlamento Galego.

17:45 horas Debate

18:30 horas Fin da xornada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información