Xornada sobre o aproveitamento dos sobreirais no centro de formación de Lourizán

Xornada sobre o aproveitamento dos sobreirais no centro de formación de Lourizán

Saca de cortiza do sobreiral do Arnego. / Arquivo.

Data inicio: 26/06/2019
Data fin: 26/06/2019
Lugar: Centro De Capacitacion Forestal De Lourizán, Rúa Igrexa, Lourizán, España

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán (Pontevedra) organiza o mércores 26 de xuño unha xornada adicada ó aproveitamento da cortiza nos sobreirais galegos. A actividade divídese nunha sesión de mañá adicada a charlas técnicas e nunha sesión de tarde que incluirá unha visita ó sobreiral de Meis, que contará con explicacións prácticas sobre descortezado e un taller de construción de trobos, o sistema tradicional para acoller as colmeas.

A xornada é gratuíta e está dirixida a profesionais do sector forestal, pero tamén pode asistir público interesado na materia. A inscrición pode facerse enviando unha solicitude ó correo electrónico cfea.lourizan (arroba) edu.xunta.es.

O programa da xornada é o seguinte:

9:30-11:30 h. – Charla técnica sobre a ecoloxía da sobreira. Distribución. Produtos. A
extracción. Maquinaria e ferramenta empregada no aproveitamento.
Joaquín Pedre-Profesor do CFEA de Lourizán.

12:00-14:00 h. – Charla técnica sobre calidades de corcho. Principais industrias corcheiras e lexislación na CCAA de Galicia
Alberto González-Profesor do CFEA de Lourizán.

15:00-19:00 h. – Visita ao sobreiral da comunidade de Meis. Práctica de descortezado e
taller de construcción de trobos.
Jesús Manuel Couto Mato e Marcial Barral.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información