Xornada sobre montes veciñais, cambio climático e lumes

A asociación Iniciativa Comunales programou para este sábado 29 en Pontevedra unha sesión de charlas na que participarán comunidades de montes e investigadores

Xornada sobre montes veciñais, cambio climático e lumes
Data inicio: 29/07/2017
Data fin: 29/07/2017
Lugar: Marcón, Pontevedra, España

As fatais consecuencias do lume de Pedragao Grande, en Portugal, con alomenos 64 mortos, levaron á asociación Iniciativa Comunales a organizar unha xornada adicada a analizar as perspectivas da xestión forestal nun contexto de cambio climático e de incendios de grandes dimensións. A xornada desenvolverase na mañá deste sábado, de 10 a 13 horas, no local social da comunidade de montes de Marcón (Pontevedra).

Desde Iniciativas Comunales, un colectivo ligado ós montes veciñais e que ten tamén entre os seus socios a Ong’s, universidades e empresas, entenden que a a gravidade do lume de Portugal estivo marcada en boa medida polo cambio climático e por unha deficiente xestión forestal das plantacións de piñeiro e eucalipto. “O incremento das temperaturas e a reducción das chuvias provocaron unha sequidade do solo e da vexetación superiores aos valores normais”, sinala a asociación.

Ante a constatación do cambio climático, Iniciativas Comunales considera que son precisos cambios no xeito de executar os traballos forestais e as plantacións. “Nalgúns casos, as devasas clásicas e as faixas auxiliares ás pistas semellan inútiles, polo que deberían estudarse outras solucións, como áreas de reducción da carga de combustible, pastoreo, resinación ou outras vías para controlar o mato”, valoran.

A xornada do sábado busca abordar experiencias prácticas de comunidades de montes veciñais afectadas por lumes, así como de investigadores.

Programa

10 h. – Presentación da xornada. Xosé Carlos Morgade – Presidente de Iniciativa Comunais e Óscar Coto Pernas – Presidente da comunidade de montes veciñais (CMV) de Marcón.

10:15 h. – O goberno de Montes veciñais en man común e os incendios forestais. Ovidio Queiruga – Presidente da CMV de Baroña.

10:45 h. – Custodia do territorio con propietarios forestais estremeiros na Comunidade de Montes de Teis. Alfonso Pazos – Tesoreiro de CMV de Teis.

11:15 h. – O Cambio Climático e os incendios forestais. José Antonio Vega Hidalgo – Sociedad Española de Ciencias Forestales.

11:45 h. – Prevención de incendios forestais e medidas a adoptar en caso de afección a núcleos rurais. Javier Fernández – Presidente da CMV de Meira.

12:15 – Pausa.

12:30 – Debate cos relatores e os asistentes moderado por Xosé Carlos Morgade – Presidente de Iniciativa Comunais.

13:15 – Lectura de conclusións. Iván Pérez Berjano – Presidente da Mancomunidade de Montes de Pontevedra.

Os organizadores agradecen que os interesados en asistir, fagan un rexistro previo no formulario web, accesible en:
https://goo.gl/forms/lwj8uup9MTmoAswy2

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información