Xornada sobre estratexias de marketing en produtos forestais sostibles

PEFC Galicia, entidade promotora da certificación forestal, programou dúas accións formativas en Santiago sobre a comercialización da madeira certificada

Publicidade
Xornada sobre estratexias de marketing en produtos forestais sostibles

Madeira certificada. / Arquivo.

Data inicio: 20/11/2018
Data fin: 21/11/2018
Lugar: Feuga. Fundación Empresa - Universidad Gallega, Santiago de Compostela.

A Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal – PEFC GALICIA desenvolverá dúas xornadas formativas os próximos 20 e 21 de novembro en Santiago. A primeira, o día 20, é un curso de estratexias de marketing e vendas para a comercialización de produtos forestais sostibles. Trátase dunha actividade dirixida á industria forestal, enxeñeiros, consultores, arquitectos e gráficas, entre outros profesionais do sector. Para o día 21, PEFC Galicia programou outra xornada sobre a certificación forestal, na que se presentarán casos de compra pública sostible.

Ambas sesións parten co obxectivo de mellorar a comercialización da madeira certificada e de presentar exemplos de éxito de ‘vendas verdes’ no mercado. A primeira das xornadas, que abrirá o director da Axencia Galega da Industria Forestal, Juan Ignacio Lema, incidirá nas vantaxes de que os distintos axentes da cadea da madeira se posicionen coma entidades responsables e comprometidas co medioambiente, pois iso repercutirá nunha vantaxe competitiva e facilitará o acceso a novos clientes.

Entre os ponentes da xornada de estratexias de marketing, contarase con Christopher Smith, experto en identidade corporativa e branding; así coma con técnicos de industrias galegas. Intervirán ademais Ana Belén Noriega e Marta Salvador, máximas responsables de PEFC España, e Jacobo Feijoo, presidente do PEFC Galicia. Pódese consultar neste documento o programa completo da xornada.

Xornada de Entidades responsables coa sostibilidade forestal
A segunda das xornadas, que se desenvolverá o día 21, informará sobre a certificación forestal PEFC e diríxese a entidades públicas e privadas ligadas ó sector forestal. O programa de ponencias deste segundo día abordará cuestións como a xestión forestal sostible e os programas de contratación públicas comprometidos coas ‘compras verdes’, de produtos elaborados con madeira certificada.

Pódese consultar neste documento o programa completo da xornada. Ambas accións formativas desenvolveranse no edificio FEUGA, ubicado no Campus Sur da Universidade de Santiago. A asistencia é gratuita, pero precísase de inscripción previa, ben a través do e-mail galicia (arroba) pefc.es, ou ben do teléfono 981-523.736.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información