Un total de 71 comunidades de montes reciben axudas da Deputación da Coruña

O organismo provincial destina 367.000 euros a montes veciñais e asociacións agrarias da provincia

Un total de 71 comunidades de montes reciben axudas da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión definitiva de dúas liñas de axudas a entidades asociativas agrarias e a montes veciñais da provincia. En total, concedéronse as subvencións a 98 colectivos por un importe total de 367.920 euros.

Estas axudas, orientadas ao fomento do sector primario, permitirán a posta en marcha de novos proxectos, así como xornadas formativas e de asesoramento técnico destinadas a sectores coma o gandeiro ou o forestal.

Comunidades de montes
As comunidades de montes reciben gran parte das axudas, coas que se financia a realización de traballos silvícolas, proxectos de valorización de produtos forestais e a adquisición de maquinaria e ferramentas.

En total, serán 71 as comunidades de montes en man común beneficiadas en toda a provincia. A maior parte delas concéntranse na comarca do Barbanza, onde a Deputación deixa 194.646 euros para 56 entidades.

As achegas provinciais financiarán actividades e investimentos das comunidades de montes Barbanza de Postmarcos (4.000 €), Iroite (4.000 €), Parroquia de Nebra (2.000 €), Barbanza Enxa y Dordo (4.000 €), Parroquia de Xuño (2.000 €), Barbanza Xaramelo y Granxa (3.340 €), Parroquia de San Pedro de Porto do Son (4.000 €), Campelo Vilar e Cerqueiras (4.000 €), Iglesia y Pascual Coto Redondo (4.000 €), Pena-Leiro de Rianxo (3.500 €), San Lois Solar Carballoso (2.000 €), Montiño Somoza Fexos y Otros (4.000 €), Monte Barbanza Argalo (3.200 €), Balteiro Folgoso y Otros (2.000 €), Barbanza de Camboño (4.000 €), Montes Olveira (2.640 €), Parroquia de Artes (4.000 €), Caamaño (3.200 €), Barbanza de Lesón (7.412 €) e Barbanza, Enxa, Xian e Outros (8.000 €).

En Boiro, as beneficiadas son as asociacións de montes de Comoxo (4.000 €), Moimenta (2.520 €), Cadarnoxo (4.000 €), Sealo (2.600 €), Sadrenzo de Boiro (3.140 €), Bealo-Boiro (2.000 €), Mieites-Boiro (3.200 €), San Cristobal de Abanqueiro (2.736 €), Enseño e Pomar de Río (4.000 €), Cimadevila-Boiro-Castrofeito (4.000 €), Abelán (2.000 €), Insuachan (4.000 €), Galea (2.000 €), Peon de Macenda (4.000 €), Deira Pedroso (3.100 €), Pena da Mula, Pozas da Lagoa e outros (3.200 €) e Montaña Piñeiro e Escobias (6.400 €).

Así mesmo, as subvencións provinciais financiarán actividades e investimentos de numerosas comunidades de montes de Lousame: Confurco de Les (2.000 €), Burzo en Fruíme (4.000 €), Aldariz Fruíme (2.600 €), Barreira y Guiende (2.000 €), Marselle (2.560 €), Lesende Monte Colou (3.300€) e Afeosa (8.000 €).

Na zona de Muros, as achegas foron concedidas ás mancomundidades de montes de Sestaio de Arriba e Fondo (2.000 €), Serres (4.000 €), Tal (4.000 €), Vistabós-Torea-Muros (4.000 €), Santa Mariña de Esteiro (2.000 €), Lugar Amira (4.000 €), Monte Agudo (1.800 €) e Eiroa (4.000 €), mentres que en Mazaricos recibiron achegas as comunidades de montes veciñais do Lugar de Lamaspín (4.000 €), Santa Baia (4.000€), Louro (2.198 €) e Xian, Furiño e Outros (2.000 €).

Na comarca de Bergantiños e a Costa da Morte, as subvencións provinciais recaen nas entidades de Ginedo e Neme (Malpica), con 4.000 €; Monte Ramil Rus (Coristanco), con 4.000 €; La Toja Vimianzo, 2.000 €; Ogás, con 1.800 €, e A Valiña, con 1.800 €.

Na zona de Santiago, as comunidades de montes que reciben as axudas provinciais son as padronesas Angueira de Suso (4.000 €), A Matanza (4.000 €) e Tremedeiro e os Batáns (4.000 €); Paradela (1.500 €), Vilouriz-Toques (10.000€), Brión (4.000 €) e Susamontes, Parapico e Abelendo (4.000 €) e Carrais (7.800 €) , en Rois.

Por último, tamén se concedeu unha axuda de 2.000 euros ao monte veciñal Coto de Trapa, Pouso e Ponte Maio, para o acondicionamento de tres parcelas na parroquia de Rozas, situada no concello de Pontedeume.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información