Talleres de prevención de riscos laborais no manexo da motoserra

Talleres de prevención de riscos laborais no manexo da motoserra

Durante os meses de setembro e outubro terán lugar 6 talleres gratuítos de prevención de riscos laborais no sector forestal, sobre o manexo seguro da motoserra. Están organizados polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA).

Terán unha duración de 20 horas lectivas, repartidas en cinco xornadas e en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Lugares:

Cervo (Lugo): do 16 ao 20 de setembro
Outeiro de Rei (Lugo): do 23 ao 27 de setembro
Ribeira (A Coruña): do 30 de setembro ao 4 de outubro
Carballiño (Ourense): do 7 ao 11 de outubro
Cangas (Pontevedra): do 14 ao 18 de outubro
Frades (A Coruña): do 21 ao 25 de outubro

O obxectivo dos talleres é proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como a adquisición dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais no sector.

Contido do curso:

-Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo. A Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e normativa relacionada. Organismos públicos con competencias na materia. O ISSGA (1 hora)

-A prevención de riscos laborais no manexo da motoserra (4 horas)
a) Planificación dos traballos de aproveitamento
b) Corta polo pé e procesamento
c) Árbores sentadas e árbores apoiadas
-Os equipos de protección individual (EPI) (1 hora)
-A prevención de riscos laborais co tractor. Seguridade viaria no manexo de máquinas automotrices por estradas e camiños agrícolas e forestais (1 hora)
-Primeiros auxilios e primeira intervención en caso de accidente. PAS (1 hora)
-Práctica de campo. Manexo seguro da motoserra: montaxe e desmontaxe, mantemento e identificación dos dispositivos de seguridade; técnicas de apeo, derramado e tronzado (12 horas)

Persoas destinatarias: 

Persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade forestal, agraria ou de xardinería.

Criterios de selección:

No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:

-Grupo con prioridade 1: persoas con vinculación laboral ou formación (previa ou actual) na materia.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.

-Grupo con prioridade 2: resto de persoal.
Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.
Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.

Solicitudes:

As solicitudes efectuaranse utilizando este formulario. 

O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 15 alumnos/as por taller.

As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:

Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion@xunta.gal
Por entrega á empresa xestora, información nos teléfonos 981551704 e 659515371

Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
-Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte
-De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)

Esixirase un mínimo de 10 alumnos/as por curso. No caso de non chegar a este mínimo, o ISSGA poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anulalo, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes.

Máis información nos teléfonos 981551704 e 659515371 ou no enderezo issga.formacion@xunta.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información