Roubo de castiñeiros recentemente plantados no monte veciñal do Viso

Publicidade
Roubo de castiñeiros recentemente plantados no monte veciñal do Viso

Buraco dun dos castiñeiros arrancados no monte veciñal do Viso.

A comunidade de montes veciñais do Viso, en Redondela, atopouse esta semana cunha sorpresa desagradable. Parte do arborado que plantou este inverno no monte foi roubado e no sitio só quedan os buratos, tras ser arrincadas as árbores. En concreto, a comunidade detectou o roubo de castiñeiros que formaban parte dun proxecto de creación de franxas de frondosas caducifolias arredor do barrio do Escredo, de xeito que esas franxas contribuísen á mellora da protección das vivendas contra os lumes.

A comunidade de montes sofre periódicos lumes que lle chegan normalmente do veciño concello de Soutomaior. O último, no 2016, afectou á maior parte do monte veciñal, polo que nos últimos anos a comunidade de montes enfocou o seu traballo a mellorar as estruturas de prevención. Conta para iso co apoio simbólico de voluntarios, que cada ano se xuntan na Día da Árbore para colaborar na plantación de frondosas caducifolias no entorno das vivendas.

Esta primavera, o Día da Árbore celebrouse o 10 de marzo, acudindo ó Viso arredor de medio cento de voluntarios que plantaron unhas 200 frondosas caducifolias no entorno das vivendas, en terreos previamente rozados e que cumplen as distancias para frondosas caducifolias esixidas pola normativa. Parte das árbores plantadas aquel día foron agora substraídas, segundo detectaron os comuneiros este luns.

A sorpresa que levaron co roubo foi “maiúscula”. Visto o desaguisado, que aínda están evaluando, a xunta directiva da comunidade de montes xa decidiu denunciar o feito ante as forzas de seguridade. Os comuneiros califican o sucedido de “decepcionante e incomprensible”. Queren que se localice ós culpables e piden colaboración cidadá tanto para proporcionar pistas sobre “os delincuentes que puideron cometer este acto en contra do ben común” como para que as persoas comuneiras estean atentas ante posibles extraños que queiran facer mal no monte.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información