A revisión do Plan Forestal de Galicia sae a información e consulta pública

A revisión do Plan Forestal de Galicia sae a información e consulta pública

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores unha orde da Consellería do Medio Rural pola que se aproba inicialmente a primeira revisión do Plan Forestal de Galicia (PFG) e se procede á apertura do trámite de información pública por un período de tres meses. Ao longo deste prazo, a documentación poderá ser examinada na Dirección Xeral de Ordenación Forestal e no enderezo: http://mediorural.xunta.gal/areas/forestal/ordenacion/plan_forestal_de_galicia.

O Plan chega así ata esta fase de tramitación cun consenso de base sobre os seus contidos, podendo seguir incorporando agora novas achegas e enriquecéndose aproveitando o período de información pública.

En decembro de 2017 presentouse Consello Forestal de Galicia o borrador da primeira revisión do Plan e acordouse cos seus membros o envío de propostas para mellorar o documento. Ata o de agora recibíronse suxestións de diferentes asociacións representativas do sector, así como de organizacións profesionais agrarias, cooperativas, etc.

Entre as ideas incorporadas ao texto figuran varias centradas no consenso no que se basearán as decisións relacionadas coa distribución de especies forestais ou as necesidades do sector diante dos cambios motivados pola normativa futura, polas limitacións que se poidan establecer desde o punto de vista medioambiental.

Enlace á orde que publica hoxe o DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180705/AnuncioG0426-270618-0002_gl.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información