Resoltas as axudas para tratamentos silvícolas, con 424 beneficiarios

Medio Rural destina 10,3 millóns de euros para executar podas, rozas e rareos en 5.600 hectáreas de monte. O prazo de execución e xustificación dos traballos remata o 15 de marzo do 2020

Resoltas as axudas para tratamentos silvícolas, con 424 beneficiarios

A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución das axudas para tratamentos silvícolas. En total son 424 os beneficiarios dos apoios, que recibirán un total de 10,3 millóns de euros para accións en 5.600 hectáreas de monte.

As axudas oriéntanse en dúas liñas, unha primeira dirixida a piñeirais, nos que se subvencionan podas, rozas e rareos. Para estes traballos, aprobáronse 309 expedientes por valor de 7,5 millóns de euros, o que permitirá actuar sobre máis de 4.200 hectáreas. Unha segunda liña adícase a tratamentos silvícolas e plantacións puntuais en masas de frondosas caducifolias -coma castiñeiros ou carballeiras-, sobreiras e aciñeiras. Son beneficiarios desta liña 115 solicitantes, que recibirán 2,8 millóns de euros para actuar en 1.392 hectáreas.

No global, os beneficiarios das axudas son maioritariamente comunidades de montes veciñais en man común (346), seguidas de propietarios particulares de forma individual (64) e das Sociedades de Fomento Forestal (Sofor) ou outro tipo de sociedades (14).

Por provincias, a maior parte dos expedientes de axuda (144) corresponden á de Ourense. A continuación sitúase Pontevedra con 118 beneficiarios, Lugo con 114 e finalmente a provincia da Coruña, con 48 solicitudes de axuda aprobadas. O prazo de execución e xustificación dos traballos remata o 15 de marzo do 2020.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información