Resoltas as axudas para primeira forestación de terras non agrícolas

Medio Rural dálles de prazo ós beneficiarios ata o 30 de decembro para executar e xustificar a anualidade correspondente ó 2016

Publicidade
Resoltas as axudas para primeira forestación de terras non agrícolas

Plantación de piñeiros.

A Consellería do Medio Rural vén de resolver as axudas para a primeira forestación de terras non agrícolas. O importe total das axudas ascende a 3,8 millóns de euros e posibilitarán a plantación de máis de 2.000 hectáreas de superficies non agrícolas pero nas que tradicionalmente tampouco había arborado. Os beneficiarios son un total de 113, principalmente comunidades de montes veciñais e propietarios particulares. Quedaron fóra das subvencións outros 165 solicitantes.

As axudas, con cargo ó Plan de Desenvolvemento Rural 2014-2020, financian todos os gastos derivados da plantación, así como posibles actuacións en infraestruturas complementarias. Os traballos deberán estar rematados e xustificados a 15 de xuño do 2017, pero a orde establece que unha parte dos labores, correspondentes a fondos da anualidade 2016, deberán estar rematados e xustificados a 30 de decembro de 2016, o que deixa ós beneficiarios e ás empresas de servizos forestais cun escaso marxe de actuación.

As axudas para a primeira forestación de terras non agrícolas oriéntanse principalmente á plantación de piñeiro do país (Pinus pinaster) e de piñeiro insigne (Pinus radiata). Deben executarse en zonas clasificadas como forestais, pastos arbustivos ou pastos con arboredo.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información