Resoltas as axudas para empresas forestais

A Axencia Galega da Industria Forestal distribuirá uns 8,5 millóns de euros entre 80 firmas

Publicidade
Resoltas as axudas para empresas forestais

Autocargador forestal. / Arquivo.

Arredor de 80 empresas forestais e aserradoiros beneficiaranse das axudas para investimentos concedidas este ano pola Axencia Galega da Industria Forestal. En total, o organismo, dependente da Consellería de Economía, repartirá 8,5 millóns de euros, principalmente para a compra de maquinaria de corta e saca da madeira do monte, como procesadoras forestais, autocargadores ou cabezais de procesadoras.

A Administración tamén apoiará a compra de empacadoras de biomasa e esteladoras, así coma actuacións de mellora de aserradoiros, que incorporarán innovacións tecnolóxicas nas súas instalacións de procesado ou melloras no seu parque de madeira.

Pode consultarse no Diario Oficial de Galicia a lista de beneficiarios das axudas.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información