Reforestación popular no monte veciñal do Viso, afectado por un lume no verán

A comunidade de montes, ubicada en Redondela, congregou a máis de 50 persoas para celebrar o Día da Árbore e facer unha plantación de 500 árbores, entre carballos, castiñeiros e piñeiros

Reforestación popular no monte veciñal do Viso, afectado por un lume no verán

Imaxe dos participantes na reforestación popular no Viso, en Redondela, ó pé da Ría de Vigo.

A comunidade de montes do Viso (Redondela, Pontevedra), afectada por un lume o pasado mes de agosto, acometeu unha reforestación popular con motivo do Día da Árbore. O acto congregou a máis de 50 persoas, tanto comuneiros como voluntarios que quixeron amosar o seu apoio ó monte veciñal.

Co acto, celebrado o pasado domingo, quíxose poñer en valor o traballo en conxunto a prol do monte veciñal. A comunidade do Viso agradeceu a ampla participación e destacou a importancia simbólica do acto. “É un pequeno exemplo de que a pesar de que o monte quedase arrasado cos incendios forestais, é deber de toda a sociedade voltar a comezar e deixarlle ás xeracións futuras o mellor monte posible”, subliña o presidente da comunidade, Álvaro Durán.

En total, plantáronse en cuestión de horas máis de 500 árbores entre carballos, castiñeiros e piñeiros. O Viso agradece tamén a colaboración de empresas, como foi o caso de “Xirela” e de “Maquinaria Agrícola Carpintero”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información