Publicada a resolución das axudas para a prevención de lumes

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170516/AnuncioG0426-040517-0001_es.html

Prazo: Ata 17/09/2017

Resumo:

A Consellería do Medio Rural vén de publicar a resolución das axudas para a prevención de incendios forestais, que foran convocadas a finais do mes de decembro do 2016. A resolución inclúe o listado tanto das comunidades de montes beneficiarias como daquelas ás que se lles denegou a subvención, ben por falta de presuposto, ben por non ter presentada toda a documentación requerida.

No caso de que as comunidades de montes beneficiarias subcontraten os traballos, dispoñen de dez días para presentar ante a Xunta as correspondentes ofertas que teñan para a execución das actuacións. Medio Rural deberá verificar despois os plans de traballo, incluíndo comprobacións sobre o terreo. Os labores de prevención non poderán comezar ata que o servicio provincial da Consellería dea a súa autorización.

As comunidades de montes dispoñen de catro meses para a execución dos traballos, se ben tendo en conta que en teoría as actuacións de prevención non se deben facer en época de alto risco de lumes -que comeza o 1 de xullo-, polo perigo inherente ó traballo da maquinaria no monte, os beneficiarios das axudas vense un ano máis en dificultades.

En caso de que as comunidades de montes queiran solicitar unha prórroga e esta lles sexa concedida, o prazo de execución pode alongarse ata o 31 de outubro. Desde o sector enténdese que non ten sentido executar os traballos de prevención de lumes no outono e vense pedindo desde hai anos que a resolución das axudas se faga coa suficiente antelación ó verán, de xeito que os traballos poidan estar executados cando comeza a época de alto risco de lumes.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información