Publicada a resolución das axudas de silvicultura, con 422 beneficiarios

Medio Rural destina 11,2 millóns de euros para actuar en 6.400 hectáreas de monte. Financiaranse tratamentos silvícolas como podas, rozas de mato e rareos de pés

Publicidade
Publicada a resolución das axudas de silvicultura, con 422 beneficiarios

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171002/AnuncioG0426-180917-0001_gl.html

Prazo:

Resumo:

As axudas para tratamentos silvícolas convocadas por Medio Rural beneficiarán a un total de 422 solicitantes, na súa maioría comunidades de montes veciñais. A Consellería destinou 11,2 millóns de euros para acometer tratamentos silvícolas en masas de coníferas e de frondosas caducifolias. Ese importe permitirá actuar nun total de 6.400 hectáreas.

As comunidades de montes representan o 75% do total de solicitantes con axudas aprobadas e recibirán o 90% das aportacións da Administración, pois correspóndenlles 10,1 millóns de euros para investir en 5.800 hectáreas. Tamén recibiron axudas as asociacións e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrarias, proindivisos, entidades locais, comunidades de bens, montes de varas, sociedades de fomento forestal (Sofor), outras persoas xurídicas e propietarios particulares de xeito individual.

As podas en masas de coníferas son as actuacións cun maior importe e hectáreas aprobados (7,3 millóns de euros e 4.350,78 hectáreas), o que supón o 65,6% e o 67,9% en cada caso, seguidas polos tratamentos silvícolas en masas de frondosas (2,8 millóns de euros e 1.452,80 hectáreas), que acadan así o 25,2% e o 22,7%, respectivamente.

Por provincias, a que maior número de beneficiarios acumula é Ourense (con 149, o 35,3% do total), seguida por Lugo (co 31,3%). Tamén Ourense é o territorio con maior importe aprobado e máis hectáreas de actuación (máis da metade do total en ambos casos).

Estes fondos están cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020). A resolución das axudas publicouse hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información