Petición de medidas contra a avespa do castiñeiro

Produtores de toda España manteñen unha reunión co Ministerio para advertir da necesidade urxente de iniciar a loita biolóxica contra a praga

Publicidade
Petición de medidas contra a avespa do castiñeiro

Castiñeiros afectados pola avespa en Málaga. / Imaxe: Red Estatal del Castaño.

A avespa do castiñeiro, unha praga que chegou a España no 2012 e que en Galicia xa foi detectada o pasado ano, preocupa ós produtores de todo o país. A Red Estatal del Castaño mantivo esta semana unha reunión co Ministerio para solicitarlle o inicio inmediato da loita biolóxica contra a praga, “única medida” que demostrou ata agora a súa eficacia, segundo explican desde a Red Estatal en nota de prensa. Por parte de Galicia, estiveron na reunión os presidentes da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, Jesús Quintá, e da Asociación de Productores y Exportadores de Productos Agrosilvestres de Galicia, Francisco Barredo.

A praga da avespa do castiñeiro está xa extendida por toda España, salvo Castela e León, segundo os datos que manexa a Red Estatal del Castaño. Preocupa en especial a súa incidencia en Galicia e en Málaga, polo que os produtores demandan do Ministerio a adopción inmediata de medidas de control biolóxico. A rede lembra que o castiñeiro ocupa en España máis de 300.000 hectáreas e que constitúe un recurso capital no rural, agora ameazado polas perdas que xa está a ocasionar a avespa.

Os produtores lembran que a celeridade en controlar a praga permitiría reducir perdas

Para este ano, o Ministerio só autorizou soltas experimentais do ‘Torymus sinensis’, o insecto parasitoide que pode controlar a praga. Desde a rede estatal lembran que en países como Francia, Italia ou Portugal xa se está a aplicar este método de control sen aparentes problemas, polo que solicitan que se axilice o seu uso masivo en España. Os produtores inciden en que a celeridade en aplicar o control será vital para frear a extensión da praga. Do mesmo xeito, apuntan que unha acción inmediata permitiría reducir tanto as perdas provocadas pola praga como tamén o custo dos métodos de control.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información