Os Concellos poderán xestionar os montes públicos dos que son titulares

A Xunta viña encargándose do manexo de 81 masas forestais que son propiedade de entidades locais. Medio Rural deseña un anteproxecto de decreto para que os municipios poidan asumir o coidado dos seus terreos

Publicidade
Os Concellos poderán xestionar os montes públicos dos que son titulares

A nova normativa estará lista nuns 6 meses.

O Consello da Xunta aprobou iniciar a tramitación dun anteproxecto de decreto que permitirá que os Concellos asuman a xestión dos montes públicos dos que son titulares. Na actualidade, a Administración autonómica manexa 85 masas forestais de utilidade pública que suman unhas 20.000 hectáreas. Destas, 81 son propiedade de entidades locais.

Desde a Xunta sinalan que xa hai municipios interesados neste trámite, que en todo caso é voluntario, poidendo manterse a xestión como ata o de agora. A Administración calcula que a nova normativa entrará en vigor nuns 6 meses.

Aqueles Concellos que decidan asumir a xestión dos seus montes, encargaranse do seu coidado e da súa explotación. Medio Rural limitarase a velar polo cumprimento das correspondentes normativas.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información