Os Concellos de Terras do Miño, en contra da expansión do eucalipto

A Deputación de Lugo comprométese a organizar unha xornada técnica para analizar o impacto da especie na Reserva da Biosfera, que inclúe a 26 municipios da provincia. Anuncia actividades formativas sobre o castiñeiro

Os Concellos de Terras do Miño, en contra da expansión do eucalipto

A Deputación de Lugo organizará unhas xornadas sobre o eucalipto.

O órgano de participación da Reserva da Biosfera Terras do Miño, impulsado pola Deputación de Lugo, acordou pronunciarse contra a expansión do eucalipto nos 26 concellos que forman parte da Reserva. Nunha reunión do órgano de participación da Reserva, houbo consenso de alcaldes, técnicos e colectivos sociais en considerar negativa a “excesiva proliferación” de plantacións de eucalipto na zona.

En vista do consenso, a Deputación de Lugo acordou organizar unhas xornadas técnicas para analizar o impacto do eucalipto nos territorios da contorna do Miño. De xeito paralelo, fomentará aproveitamentos forestais alternativos e xa anuncia actividades formativas ligadas ó castiñeiro, co obxectivo de profesionalizar o seu cultivo.

O órgano de participación de Terras do Miño cuestionou a progresiva substitución de bosques autóctonos polo monocultivo de eucaliptos. De cara a limitar ese proceso nalgúns enclaves senlleiros, aprobouse na reunión de onte pedirlle á Xunta de Galicia a protección do ecosistema do Pedregal de Irimia, lugar de nacemento do Miño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información