Os chans forestais galegos perderán capacidade de retención de carbono

O cambio climático modificará a materia orgánica presente nos solos de masas de frondosas, segundo proba unha tese de doutoramento realizada no CSIC por Beatriz Carrasco. Outra tese elaborada no CSIC por José Luis Couselo centrouse na obtención de árbores do xénero Populus máis eficaces na descontaminación de solos por metais pesados

Os chans forestais galegos perderán capacidade de retención de carbono

O solo dos biduerais perderá capacidade de retención de carbono. / Imaxe: AFG.

O cambio climático, orixinado en boa medida polas altas concentracións de dióxido de carbono na atmósfera, sitúa os ecosistemas forestais no centro de interese da comunidade científica, pois os bosques contribúen á reducción do carbono atmosférico, que capturan e almacenan no chan. Explorar en Galicia mecanismos que potencien esa capacidade de captura de carbono polas masas forestais foi un dos obxectivos principais dunha tese de doutoramento de Beatriz Carrasco.

O traballo, desenvolto no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (Santiago de Compostela), dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), centrouse en evaluar os principais factores que inflúen no secuestro de carbono. A investigadora seleccionou como obxecto de estudio ecosistemas forestais coas tres especies de frondosas caducifolias máis habituais en Galicia (castiñeiro, carballo, bidueiro), así coma bosques de piñeiro do país (pinus pinaster) e piñeiro insigne (pinus radiata).

O quecemento global alterará en especial os solos de bidueirais e dos soutos de castiñeiros

Os resultados da tese revelan que na actualidade, a capacidade de captura e almacenamento de carbono nos solos é similar en todos os casos, pero ante un escenario de quecemento global, esa capacidade reducirase nas masas de frondosas caducifolias, principalmente nas masas de bidueiros, seguidas dos soutos de castaños e das carballeiras.

A distinta composición da materia orgánica do chan e o seu distinto grao de inestabilidade explica as diferenzas detectadas. A tese de Beatriz Carrasco foi dirixida por Ana Cabaneiro e Irene Fernández e obtivo un sobresaínte cum laude.

Descontaminación de solos
Outra tese realizada no CSIC por José Luis Couselo aborda o uso de árbores do xénero Populus (chopos, álamos) para a descontaminación de áreas con metais pesados e compostos nitroaromáticos. O traballo centrouse en obter plantas melloradas mediante a sobreexposición de xens relacionados coa tolerancia e a capacidade de acumulación de metais pesados, así como coa degradación dos compostos nitroaromáticos.

As plantas do xénero Populus (chopos, álamos) xa se demostraran eficaces na fitoextracción de metais pesados e na fitodegradación de compostos orgánicos. A innovación do traballo radica na obtención de plantas de Populus tremula x tremuloides que sobreexpresan os xens encargados dos procesos de descontaminación. A tese foi dirixida por Antonio Ballester e obtivo un sobresaínte cum laude.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información