O sector da madeira apoia a creación da Axencia da Industria Forestal

Tanto Confemadera Galicia como o Cluster da Madeira consideran acertado desligar a política de incendios da vinculada á transformación da madeira

O sector da madeira apoia a creación da Axencia da Industria Forestal

Asistentes á reunión da xunta directiva do Cluster da Madeira.

A decisión da Xunta de crear unha Axencia da Industria Forestal, dependente da Consellería de Economía, é considerada un acerto tanto por Confemadera Galicia, a patronal das empresas do sector, como polo Cluster da Madeira. Ambas entidades consideran un acerto desligar a actividade industrial da política de loita contra incendios, xa que entenden que os lumes ocupaban recursos técnicos e económicos que facían descoidar outras áreas.

As empresas da madeira califican de “aspiración histórica” a creación da Axencia da Industria Forestal, anunciada tras o Consello da Xunta do pasado xoves. Confemadera lembra que na comunidade hai arredor de 3.000 empresas da madeira, polo que a posta en marcha da Axencia interprétase como unha “oportunidade para mellorar a competitividade do sector”.

Xunta directiva do Cluster
O Cluster da Madeira celebrou estes días unha reunión da súa xunta directiva en Vilalba (Lugo), un enclave escollido con motivo do recente incendio de Maderas Goiriz, empresa á que o Cluster quixo transmitir o seu apoio.

Participaron no encontro o presidente da patronal nacional Unemadera, José Carballo (Finsa), o presidente da Asociación de Empresas Forestais de Lugo, Daniel Díaz Villapol; o presidente da Federación de Carpintería e Ebanistería de Galicia, Ángel Hermida, así como representantes da gran industria, como Ence, Grupo Losán ou Finsa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información