O Cluster da Madeira aposta polo deseño industrial

A entidade marca as prioridades para o seu próximo Plan Estratéxico, que promoverá a internacionalización e diversificación da oferta das empresas galegas do sector

O Cluster da Madeira aposta polo deseño industrial

O presidente do Cluster, José Manuel Iglesias, xunto co xerente, Ricardo González.

O Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia orientará o seu próximo Plan Estratéxico, a partir do 2020, á promoción do deseño industrial en Galicia, unha liña de traballo que considera imprescindible para aumentar a internacionalización e diversificación da oferta das empresas galegas do sector.

A entidade, que celebrou recentemente a súa asemblea anual, establecerá unha reflexión conxunta con todos os socios para trazar a visión da entidade para os catro próximos anos, nos que o deseño, tanto no referente á edición de produto final como de procesos produtivos, terá un papel fundamental. Innovación, competitividade e internacionalización son as liñas que o Cluster entende que deben guiar ao sector. Tamén avoga por fortalecer os proxectos con prescriptores de madeira (arquitectos, distribución, etc.) e pola posta en valor do monte en Galicia.

Balance
O Clúster da Madeira aproveitou a súa asemblea anual para anunciar os resultados alcanzados polas empresas asociadas no 2018. A entidade, que agrupa a empresas madeireiras e de carpintaría, destacou que as firmas asociadas pecharon 2018 con 1.733 millóns de facturación.

Na asemblea, o presidente do Cluster, José Manuel Iglesias, subliñou ademais o traballo realizado durante os últimos anos para conseguir a cohesión da cadea de valor da madeira en Galicia. Iglesias incidiu en que a unidade e cooperación de toda a cadea consolidáronse, pondo como exemplo o acto unitario celebrado coa visita do rei Felipe VI a Sergude, con motivo do Día Internacional dos Bosques.

O Cluster, por último, aproveitou a súa asemblea para nomear socio de honra ao economista Venancio Salcines pola súa difusión e defensa dos intereses do sector da madeira en Galicia.

Entrega dun distintivo ó economista Venancio Salcines, con presencia do director da Axencia da Industria Forestal, Ignacio Lema (esquerda), e do director xeral de Ordenación e Planificación Forestal, José Luis Chan (dereita).

Entrega dun distintivo ó economista Venancio Salcines, con presencia do director da Axencia da Industria Forestal, Ignacio Lema (esquerda), e do director xeral de Ordenación e Planificación Forestal, José Luis Chan (dereita).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información