Novos acordos de Ence con propietarios de Betanzos e As Somozas

Novos acordos de Ence con propietarios de Betanzos e As Somozas

A compañía continúa a pechar acordos no norte da comunidade.

Ence vén de asinar sendos acordos de compra con produtores de madeira de eucalipto de Betanzos (A Coruña), asociados en Promabe, e con propietarios forestais das Somozas, agrupados en torno a Promaso. En Betanzos, a compañía pasteira mercará 2.500 toneladas ó mes ata xullo, en tanto nas Somozas, o volume acordado ascende a 10.000 toneladas para os primeiros seis meses do ano.

Igual que noutros acordos similares asinados nos últimos meses, a empresa aplicara na compra da madeira as súas novas tarifas, en vigor desde o 1 de xullo pasado. A compañía incide en que o bo momento das cotizacións internacionais da pasta de papel repercutirá sobre os propietarios forestais, xa que desde xullo reforzou a prima que vai ligada ó prezo internacional da pasta. Ence suliña asimesmo a necesidade de aumentar a madeira certificada, tanto en Fsc como en Pefc ou en dobre certificación, xa que é unha demanda dos seus principais clientes europeos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información