Medio Rural recibiu preto de 300 solicitudes de axudas para reforestación

Medio Rural recibiu preto de 300 solicitudes de axudas para reforestación

Arredor de 4.000 hectáreas beneficiaranse previsiblemente das axudas.

A convocatoria de axudas para forestación de terras non agrarias, orientada principalmente á plantación de piñeiros, tivo boa acollida no sector. Foron 278 as solicitudes presentadas. As especies que máis presenza teñen nas peticións son o piñeiro do país e o piñeiro radiata.

O trámite de resolución de expedientes aínda non se pechou, polo que non se pode concretar o número de hectáreas que serán obxecto de actuación, se ben no 2009, cun volume de expedientes aprobados probablemente similar ó deste ano (283), superáranse as 4.100 hectáreas forestadas. Outro bo ano foi o 2013, con 4.300 hectáreas e 237 expedientes aprobados. Máis frouxos foron o 2011 e o 2014, cuns 130 beneficiarios e 2.700 hectáreas cada un deses anos.

Época de alto risco de incendios
A Consellería de Medio Rural vén de decretar hoxe, a través do DOG, que a época de alto risco de incendios en Galicia irá este ano do 1 de xullo ó 30 de setembro. Durante ese periodo, non se poderán solicitar autorizacións para queimas e haberá restriccións nas actividades no monte nas zonas de alto risco de lumes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información